Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, abril 25, 2007

Comezamo-la semán co día do libro. Nos para celebralo fixemos un marcapáxinas que ata tiña nome, chamábase Troky ( o monstro devora libros, parecido a Triki o das galletas).Tamén levamos un contiño para casa e fixemos un debuxo sobre algún dos contos que contaramos na clase ( un clásico coma "Os tres porquiños" e ademais "o rato e o león"). Eu tamén tiven unha sorpresa , que beneficia a toda a clase e da que vos falarei no vindeiro post. Só da-las gracias por min e pol@s nen@s. Ademais continuamos co libro presentando a figura do triangulo ( que xa coñecían vari@s).
O Martes comezamos cun truco de maxia pois conseguimos que metendo pintura amarela nun bote transparente e logo azul, saira verde. Tod@s que daron abraiados. Esto fixémolo logo coa cor amarela e vermella, saindo laranxa. Aproveitamos para presentar a cor verde e antes de face-la ficha probaron eles/as a facela maxia. Dinlles duas boliñas de plastilina (azul e marela) tiñan que mesturala ata acadr o verde, se o conseguían levábana para casa.(non sei si algún/nha chegou con ela).Tod@s o conseguiron. Logo do recreo xogaron , agás @s que lletocaba seguir "coa obra do Escorial", que era a bolboreta da que xa falei. Esta sendo un traballo moi lento pero o resultado paga a pena. Conto que rematemos a semán que ven.Chegamos o Mércores onde, gracias a "iniciativa" da miña compañeira Lidia , decidimos facer macedonia cos nen@s. Para eso eles/as tiñan que traer unha peza de froita ou un bote en almibar. Hoxe antes de poñernos ó "chollo" aproveitamos para falar das froitas que trouxeran e recoñecelas ó tacto. Preguntei polo nome, miramos a forma e o pel que tiñan. Logo de facer unha fichiña do libro ( algo había que currar), preparamos a clase pois ían vir de invitad@s @s compañeire@s da do "chalet" do lado. Apartamos mesas e colocamos as sillas facendo un gran roda. Tamén veu Tatiana para botar unha man.


Comezamos por separar as uvas do cangallo, logo foron troceando algunhas froitas que nos foramos pelando, Tiñamos mazá, pera, laranxa, kiwi, plátano, fresa, melocotón e piña (en almibar), ademais de zume tropical e uns fideiños de caramelo e chiuculate para darlle cor. Comezou o reparto e había algunha que outra negativa de inicio, ante esto "presionamos" unchisco e tod@s ían probando. Tan só Aarón e Jorge non querían "disfrutar" de aquela delicía. Jorge rematou metendo un bocado de melocotón que tivo na boca durante 20 minutos , xa estabamos no patio cando conseguín que o massticara e tragara. Con Aarón quedou "pelexando" Lidia, pois eu tiña que ir ó patio cos demais, Conseguíu que comera dous bocadiños. Logo da macedonia , e por si alguén quedara con fame( seguro que alguén quedou), repartimos galletas de barquiño con nata. Gustaron moito. Logo de recoller e mirar o que sobrara e o quedara nos vasos podemos dicir que a actividade foi un éxito. Houbo quen repetíu, houbo quen comiu só unha vez e houbo quen comíu só un pouco pero , dado o habituad@s que estan a comer froitas, polo xeral, estivoi moi ben.
Neste comentario van varias fotos pero se queredes ver mais picade aquí.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

hola,soy otra vez la tia de victor hugo,cada vez que miro esta pagina me sigo emocionando de ver que aun queda gente tan buena como usted y tan atenta.
la macedonia de hoy tenia muy buena pinta y es muy buena idea para que trabajen en equipo,bueno siga asi que hay gente que lo agradecemos mucho,un saludo y hasta otra.susy.

Anónimo dijo...

Hola,boas tardes.Son Mar a irman de Susi,a outra tia putativa de Victor.Estiven lendo os comentarios que fai sobre os nenos e penso que esta moi ben e estou moi abraiada de que vostede dedique tanto tempo a satisfacer os pais despois da sua sornada de traballo.Bueno pois nada mais,outro dia que veña ata a casa de Mary farei mais comentarios.Pero bueno pa proxima vez fareinos en castelan que en galego costame moitisimo,e a costume.Un saludo de Mar.

Anónimo dijo...

Bos días,son a nai de Carmen,xa facia tempo que non miraba o blog , polo que vexo e polo que me conta a miña filla seguides a aprender moitas cousas,e o máis importante que se ve que o facedes co moito interese,non hai mais que ver a cara dos nenos nas fotos.
Un saudo para todos, e darlle a benvida a Tatiana que parece que xa fai uns días que se volviu a incorporar.

camilo dijo...

Me encanta oirlos cantar suena de manera diferente en la voz de ellos

Anónimo dijo...

Hola,esta macedonia ten unha pinta boísima,quedei coas ganas de probala,(a proxima vez mandádenos unha pequena proba para a casa).
Faime moita gracia o de Jorge,pero pareceme xenial que probaran un pouquiño todos,polo que se ve,á maioría gustoulles.Un saúdo,Mary.

Anónimo dijo...

Hola, somos os papás de Aarón e Ainara.Pareceunos moi boa idea o da macedonia porque xa que na casa a fruta non ten moito éxito calquera idea e ben recibida.Moitas gracias pola paciencia,unha vez máis,que tivéstedes ti e máis Lidia con Aarón e Ainara.Son moi reacios a probar cousas novas,sobre todo Aarón,pero gustoulles a experiencia.Ah! e o chegar a casa comeron un montón,así que de tódolos xeitos foi un éxito.
Aarón tamén está todo orgulloso coa sua pranta e encárgase el dela.Nós xa prantáramos na casa unha lentella que tamén xerminou pero ésta di que é "sua".Todas son boas ideas.Un saudo