Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, abril 28, 2007

Estou contentisimo , pois a experiencia da macedonia tivo seis comentarios. Xa sei todo o traballo que vos supón face-los comentarios , xa sei que hai xente que non ten conexión a Internet e que esto da Informática é un pouco complicado, por eso valoro moitisimo o voso esforzo, pero, como vos dixen nun anterior post, trátase de que esto sexa un dialogo , o mais fluido posible . GRACIAS.
A verdade é que foi moi interesante pero todo o mérito é de Lidia pois eu non sei si me atreverei a facelo. rematamos a mañán bastante cansos e houbo algún que outro berrido pero , teño que admitir que foi unha maán diferente, especial e que disfrutaron moito
Destes dous días só comentar que, para variar, onte non tivemos prelectura. A razón é que andamos con tempo un pouco xusto para remata-lo libro de fichas - estounos habtuando o estres da vida ; ) - por eso adicámo-lo día o traballo do libro. Tampouco tivemos Psicomotricidade pois Tatiana non puido vir onte, por motivos familiares, e decidin que ese tempo o adicaramos " anosa prantación de fabas". Regaron tod@s e viron como ía a súa pratiña. Aqueles/as que xa a tiñan un chisco grande leváronna para casa. Hai varias que quizais haxa que volver a prantalas pois non prenderon. Ademais Abel tivo a mala sorte de que lle rompíu polo que non a puido levar e terá que prantala tamén. Fíxenlle unha foto a cada un/nha d@s que a levou, se queredes velas picade AQUÍ ( nos vindeiros días irei o album engadindo @s que a leven).
O Mércores faleivos dunha sorpresa , esta consistía en que por fin temos uns ratos adaptados á man d@s nen@s. Espero que esto lles facilite o manexo do ordenador. Gracias pola donación.
Remato co comentario da nota dunha nai. Nela contábame que lle atopara un piollo o/a seu/sua fill@. O Luns verei de mandarvos unha nota para que lles revisedes a cabeza, ainda que este tempo tan caluroso e húmido fomenta bastante a aparición dos bichiños.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola,eu non sei que clase de invernaderos tedes no cole,xa que moi pronto medraron esas fabas,ides ter que prantar mais cousas xa que parece que se dan moi ben.Os ratos son moi chulos e moi axeitados.Un saúdo Mary.

MARI dijo...

HOLA PROFE E NENOS, COÑECIN ESTE BLOG A TRAVES DUN CURSO QUE FIXEMOS EN SANTIAGO CON UXIA DE ESCOLA DE CARACOIS, GUSTAME MOITO AS FOTOS, COMO SE ESCOITAN CANTAR, O QUE ME PREGUNTO PROFE É DE ONDE SACAS O TEMPO PARA FACELO. EU SEMPRE ESTOU DESBORDADA. BICOS DENDE VIGO.

Anónimo dijo...

BOS DIAS,SON A NAI DE CARMEN, DECIRVOS QUE A PRANTA QUE TROUXO CARMEN PRA CASA ESTA MEDRANDO MOITO,CANDO NON COLLA NO RECIPIENTE IMOLA TRANSPLANTAR PRA LEIRA DA ABOA, HABER SE CHEGAMOS A PROBAR AS FABAS QUE ESPERAMOS QUE DEA, SI É ASÍ XA VOS CONTAREMOS O RICAS QUE ESTAN. SAUDIÑOS.

Anónimo dijo...

Hola son a nai de Aarón e Ainara.Estiven intentando abrir para ver as fotos dos nenos que levaron as prantas para casa e non fun capaz.Non sei si sería eu, cousa máis que probable, ou si hai outro motivo.Non e que so me interesen as fotos pero gústame velas.Un saudiño