Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, abril 18, 2007

Levamos uns días moi "matemáticos pois o Luns estivemos repasando os números un e dous xa que o Martes íamos estar de estreno, presentabamos un novo número. O tres. Para que na casa tamén o souberan picaron o número na fiche e levaronno para casa. Deulles moito traballo pois ademais de picalo ( ainda era un chisco grande) tamén o pintaron, xunto con tres flores que había na ficha. Antes de esto estuvemos contando ata tres con palmadas, golpes na mesa, e dedos. Logo aprenderon a canción que fai referencia a súa forma e que dí: O tres eun verme que come unha mazá, o tres é un verme que saíu a pasear ( intentarei poñer no blog a canción cantada por alguén, esta semán. Logo tiñan que ir interiorizando a súa forma e para eso estuveronno "pisando" no chan, e logo o repasaron no encerado. Ainda antes de face-la ficha traballaron o trazo no ordenador de xeito individual.
Despois do recreo xogaron agás algúns que estan rematando a bolboreta que pintamos a derradeira semán.Agora había que facer un mosaico con papeliños de cores. Cando rematen tod@s poñerei unha foto pois son moi vistosas.(Esto o fixeron en grupos pequenos con Tatiana, por eso estan moi ben feitas).


Hoxe adicámoloa prantar (parecemos xardineiros profesionais , casi), como vos comentei (gracias polos iogures) íamos poñer unhas fabas , cada un/nha a súa, de tal xeito que cando medrasen un pouco a puidesen levar para casa (esta é unha actividade moi típica en Infantil e que fan o 90 % do profesorado). Foi unha actividade que nos levou tempo pero que lles gustou. Logo para aproveitar, pintamos unha serie de tres secuencias nas que se ve unha nena sementando, regando e cortando flores. ñán imos traballar a ordenación temporal de esa secuencia pois teñen que picar duas delas , na ficha xa vai posta a primeira. Repartin o traballo en dous días pois era moito para un día. Ademais traballaremos as secuencias no ordenador.
Como as actividades foron bastante especiais fixen moitas fotos, aquí van só algunhas , o resto vounas poñer no vindeiro comentario.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Holason a nai de Víctor,está moi ben todo o que facedes,o de prantar as fabas,xa o facíamos nós na escola,está moi ben.
Vendo o pequenos que son,da gusto ver as cousas que fan,pois nós iso o millor facíamolo con 6 ou 7 anos.
Quero dicir tamén que compadezco as da limpeza,pois non quero nin imaxinar como quedou a clase.Un saúdo

Anónimo dijo...

Bueno non fan falta moitas palabras bendo os nenos xa se be que lles gusta a cara d concentracion que teñen dio todo disfrutan cos cambios d traballo,as cancions estan moi ben ainda se confunden moitas palabras pois mezclan as linguas pero moi ben animo a clase da RANITA e fantastica,sen despreciar as demais un saudo MM PAULA