Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, abril 02, 2007

Rematou o segundo trimestre e se facendo unha pequena avaliación vexo que se obtiverons , entroutros, os seguintes obsectivos:
  • Recoñecemento das partes mais saleintables do corpo
  • Representación gráfica da cabeza e dalgunhas partes. Non é así co tronco, pois ainda hai nen@s que non o dsebuxan.
  • Avance na autonomía e independencia persoal en aspectos coma: ir ó cuarto de baño, quitar e poñe-lo mandilón, abotoalo e desabotoalo, poñer e quitar abrigos, colaborar na clase coma axudante encargándose de repartir fichas, pinturas, punzóns, observando que nen@s faltan ou que tempo vai.
  • Progreso no dominio dos trazos horizontal, vertical e inclinado; levando unha direccionalidade correcta.
  • Millora no picado (ainda que esto só se da se estan centrados e descansados) con mais precisión.
  • Avance na técnicas plásticas de pintura con pincel (mais precisión e pintando cos pelos e non co pau) e no uso da plastelina.
  • Recoñecemento e asignación correcta dos números 1 e 2.
  • Uso de cuantificadores coma moitos, poucos.
  • Clasificar por cores ou formas
  • Uso correcto dos pictogramas aumentando a cantidade destos e odeandoos adecuadamente.
  • Memorización de pequenas poesías e cancións. (ademais dos xestos que , ás veces teñen).
  • Iniciación do recoñecemento dos golpes de voz(sílabas) que forman unha palabra.
  • Aumento do vocabulario nos temas de xogos, xoguetes, rúa, transportes e Inverno.
  • Millora na expresión oral : estructuración das frases e pronunciación.
  • Interpretar imaxes , con axuda.
  • Iniciación á ordenación temporal de secuencias ( ata o de agora duas).
  • Manexa-lo rato con mais facilidade e precisión.
  • Ser capaces de picar co rato ( a pesares do problema do tamaño destes) ,ainda que hai algúns/nhas que pican nos dous botóns ou , ás veces , no dereito.

Esto non quere dicir que todos estes obsectivos foron acadados por tod@s, senon que pola maioría da clase e en diferentes porcentaxes cada un.

No terceiro trimestre , ademais de seguir neste enderezo, iniciaremos o recortado entroutras actividades.

Coma non teño fotos deixovos unha proba que estou facendo para que vexades presentacións de fotos d@s nen@s ( pois é o que mais éxito ten ). Estas son algunhas deste segundo trimestre. Tamén comentarvos que cando remate este comentario poñerei outro só coa canción de Pinocho que cantou Celia.Fagoo pois coido que así se pode oir. Se acado que se escoite , intentarei que cada semán un/nha nen@ grave unha canción ou unha poesía.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estiven vendo as fichas co meu fillo,vexo que aprendiu moitas cousas,os números,as cores,as series,bueno estou impresionada de que nenos de 3 anos aprendan tantas cousas e tan pronto.
O audio está xenial,da gusto oílos,pareceme precioso e as fotos tamén.

Anónimo dijo...

Bueno quedei impresionada cas fotos que pusexes son preciosas e coas plumas en efecto FELICIDADES eres genial un saudo MM paula