Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, abril 13, 2007


Xa estamos de volta das vacacións con moitos ánimos para encarareste terceiro trimestre.Como primeira nova comentarvos que xa está connosco , de novo, SuperTatiana, que foi moi ben recibida por tod@s(sen esquecernos de Belen , a quen lle desexamos o millor).Con Tati e comigo estiveron pintando con pincel a parte dabaixo dunha bolboreta, que remataremos cun mosaico de diferentes cores a semán que ven.
Repasamos a ordenación temporal cunha ficha de duas secuencias. A única "pega" no traballo foi ter que picalas pois esta é unha tarefa que non lles gusta nada ( a moi pouc@s nen@s lles gusta) pois é rutinaria e aburrida. Hain@s que o fan moi ben , cunha meticulosidade incrible para esta idade e outr@s cansanse e rematan mais axiña pero con pior resultado. A pesares de que non gusta é unha actividade que temos facer a miudo pois é moi importante para traballar-la coordenación oculo-manual, a presión e a correcta prensión ( sobre esto hai diferentes opinións).
Tamén comezamos un libro novo no que van traballar as plantas, flores e a Primavera en xeral.Por este motivo a semán que ven (probablemente o Mércores) imos plantar unha faba, para que vexan como nace.Si podedes mandade algun bote iogur (plástico) que teñades (ainda que na clase xa temos bastantes, pero por acaso). O Mércores fomo mirar as árbores que prantaramos e , de paso, regalas.Non estaban en moi bo estado pois a chuvia foi moi escasa nas vacacións (ollo co cambio climático), esperemos que cuns regos mais a miudo recuperen un pouco.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola,so quero dicir,que me alegro de que Tatiana xa esté millor,e que os nenos,tamén están moi contentos de que voltase,ainda que seguro tamén votarán de menos a Belén,que teñas sorte Belén.Un saúdo

Anónimo dijo...

Hola son a nai de paula perdoa pola tardanza do comentario,bueno decir enhorabuena a tatiana pola sua melloria e bolta as clases sin olvidarnos esta claro de belen,decir que o tema da prantacion d plantas e arbores a paula encantoulle pois esta seguido na aldea plantando e regando colle unha cuchara e fai un abuxeiro colle un pau ou unha erba e planta botalle a terra e rreja eu bexoa contenta con esas actividads e gustaye tamen moito as instrucions que eu entendo que e a ximnasia o peor pa ela creo que e pintar que cansa ensegida,no tema dos contos xa mellorou pois mandame leerllos y escoita asta que acabo e mandamo leerllo 5 veces o mismo que antes pasabame seguido as paginas e non deixaba leelo enteiro bueno e unha opinion que o curso sea ben lebadeiro un saudo