Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, mayo 12, 2007




Ainda que sexa con retraso , aquí estou para contarvos que pasou nos primeiros días da semán. Foron días de teatro, pois coincidíu que tanto o Martes coma o Mércores fomos ver unhas obras de teatro.A do Martes foi feito por alumn@s de do cole, había dende 4 anos ata 8-9. Titulábase "O pirata sete e medo" e estivo entretida, o problema era que non se escoitaba moi ben e @s pequen@s perdían parte do argumento da obra. Algún tivo un chisco de medo. A do Mércores foi xa mais "profesional" e titulábase "Os lobos mentireiros" , foi no ximnasio do noso edificio (a outra foi ó lado do comedor). Escoitabaso millor pero ainda así , ás veces, non entendían ben. Cando rematou falamos de cal lles gustara mais e as opinións foton moi repartidas.
Na aula andamos facendo un pequeno libriño para o día das Letras Galegas.Cada día van facendo unha páxina e o 16 levaranno. Tamén, por suposto, estivemos falando dos animais e pouco a pouco van coñecendo cousas e animais novos.





1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola me llamo José del colegio San Walabonso, me guto mucho la visita que hicieron desde Galicia hasta aquí y como hablaron de nosotros y os damos muchas gracias.