Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, mayo 18, 2007

Andivemos estes días rematando o libro que fixemos co gallo do Día das Letras Galegas. Ainda que o libro non tiña nada que ver con María Mariño ( que era a quen se lle adicaba este ano) pareceunos unha maneira de celebralo mais próxima a les que outras actividades propostas. aqueles nen@s que lles faltaba unha folla rematáronna , e logo xa na derradeira tiñan que debuxarse. Aquí ainda hai nen@s que fan o corpo sen tronco , sería boque de cando en vez se debuxaran ou debuxaran a alguén , e lles recordaramos que debaixo da cabeza , ademais do colo, está o tronco , de onde saen pernas e brazos. Seguirémolo traballando. Tamén rematamos a bolboreta-mosaico, millor dito rematounas Tatiana. Pensei que xa non quedaba ningunha , pero faltaballe a metade , ás de Nico e Jorge. Agora si estan rematadas e podedes ve-lo efecto de todas xuntas nas fotos.(por certo son fotos de móvil pois se me estropeou a camara que usaba no cole, espero poder amañala , se non terei que usar a que teño na casa, de momento non teño mais fotos).
O Mércores emprestáronnos un periquito que aparecíu no patio de Primaria. Gustoulles moito e non se asustou. Se nolo voltan a deixar , mirarei de facerlle algunha foto.
Nos derradeiros días apareceron moitos comentarios do Sur, e quero agradecer as súas palabras. A verdade é que non quero repetirme e ainda que todo foi moi rápido e intenso , foi moi agradable. Tamén temos o comentario Leticia , unha profe de Ingles de Madrid, ( pouco a pouco ímonos "internacionalizando" e pasamos de Pedrafita do Cebreiro ; ), estou encantadisimo de que a alguén lle poida interesar o que facemos neste curruncho , e , que saibas que podes contar comigo para o que necesites (no lado esquerdo esta unha ligazón a miña web onde esta o meu correo , ou na ligazón do cole"). Espero que cando remates me fagas chegar as conclusións desa analise, pois un dos obsectivos que ten este blog é millorar e eso só se pode acadar cando alguén opina , sexa ben ou mal. A opinión de tod@s é moi importante.
Onte decateime que no lado esuqerdo do blog hai outros blogs que vin por ahí , e me pareceron interesantes, pero resulta que esquecin poñer os blogs de outr@s compañeir@s do meu cole. Perdón polo erro.
Como resultado da viaxe a Huelva e de compartir coñecementos, sae esta proba para presentación de fotos. É parecida ás outras pero mais doada de facer e como mais amena de ver. Vai coas fotos que fixemos en Huelva (estan mesturadas as dos tres colexios , pero e que non fun capaz de organizalas por orde) entre Aurora, Ramón, Fátima, Carmén e eu ( fernando viña de "xefe executivo" e chofer). En canto poida mirarei de facer unha con fotos da nosa clase


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola,non sei como se debuxaron os outros nenos.O do meu,parece máis ben un pato mareado,estamos intentando milloralo.
Das volvoretas dicir que quedaron preciosas,alegran o blog. Ademáis pareceme un traballo bastante complicado, debido as diferentes cores que teñen.
Sobre o tema de Huelva,quero dicir, que me parece estupendo que se compartan opinions destas cousas,pois é a millor maneira de aprender cousas uns dos outros,que nunca está de máis.
O video quedou moi ben,estou sorprendida das montaxes que fas.
Quero dicir que a faba ainda segue viva,esperemos dea pronto froitos.Un saúdo,Mary

Anónimo dijo...

Hola son Belén (a substituta de Tatiana), sinto tardar tanto en escribir, pero que conste que miro a páxina moi a menudo, encantame ver ós nenos e todo o que facedes!
Eu estou nun cole da Coruña e como teño o mesmo horario que ahí, non podo ir facervos unha visita, o cal me da moita pena pois estiven moi a gusto!
Gustame ver que seguides traballando moito (xa vin a macedonia, as cancións...)seguide así!
Un bico moi grande para todos, profes e nenos, e tamén quero darvos as gracias por todo!! BELÉN

Anónimo dijo...

hola, hay algo de la clase de la profe laura del perrito milú? me gustaria que hubiera algo tambien de esa clase