Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, mayo 03, 2007


Estou pensando se deixala docencia e adicarme á prantación de fabas, vista a "posible" colleita. Paréceme estupendo que , se é posible, continuedes coa experiencia da prantación. Primeiro porque seguiran mais tempo o proceso, segundo porque poderían chegar a ver que dunha faba se obteñen outras ( fase do froito) e logo porque collan a responsabilidade de coidar de algo. Espero que me manteñades informado.
Sobre o tema das fotos dicirvos que agora estan mais doadas de ver ( ou eso espero ) pois no lado esquerdo do blog vai arelación de albumes de fotos que podedes. Son as que xa estaban pero con mais facilidade de ver. Só tedes que picar no texto e xa vos enlaza con elas. Gracias a nai de Aarón por avisarme que non vía as fotos , eu probei e van pero sempre que non vos vaia algo, avisádeme pois eu fago todo esto moi de presa e non o probo. Comentádeme calquer erro ou problema.
Sobre o comentario da compañeira , alégrome que lle gustara. A resposta sobre de onde saco o tempo é moi doada, do mesmo de onde o saca ela para preparar as súas actividades para clase, do meu tempo particular. Pode que eu lle adique algún tempo mais a esto , pero é porque me gusta. O outro día díxome unha compañeira, e amiga, que lendo o blog e os comentarios parecía que só eu traballa , que só eu facía esas cousas que @s demais non curraban tanto. Supoño que ninguén será tan parv@ de pensalo. A única diferencia entre eu e Lidia, Laura, Maite, Ana ou Carmen (as miñas compañeiras de nível), por poñer un exemplo, é que eu uso as novas tecnoloxías para amosar o meu traballo, nada mais.
Das clases comentarvos que comezamos un novo "tema" ou centro de interés. Nos vindeiros imos falr dos animais e para ambientar que millor que aumentar o noso particular zoo (que compartimos cos nos@s veciñ@s de adosado, a clase de Lidia)cun par de hamster. Este par de simpáticos e fermoso animaliños foron a donación dunha compañeira que lle "gustan" moito os animais, tanto que nolos regalou. neste momento tod@s andan coma tol@s para intentar velos, con tan mala sorte que son un tipo de mamíferos que fan vida pola noite, como a xuventude( pero non van de botellón) mentres polo día durmen. Intentaremos conseguir un canario de empréstamo durante un par de semáns para animar mais. Todo o que se relaciona cos animais sempre lles gusta moito polo que estes días , supoño, andaran moi motivad@s.Interaei aproveitar esta motivación para ensinarlles moitas cousas relacionadas, e por suposto cancións. Onte xa estivemos vendo que cancións coñecían, e cantamos oito ou dez; non imos memorizar todas , pero duas ou tres coido que sí, pois son moi populares.
Hoxe voltaron a estar avaliándonos para o PPdB (Proxecto Ponte dos Brozos) por parte da Fundación Blanquerna. Estivemos traballando co número tres e amosáronlle que ben se desenvolven co ordenador facendo unha actividade de Clic , relacionada cos números.
Ademais á primeira hora tiveron , por fin , Psicomotricidade. Disfrutaron , coma sempre cos xogos que lles organizou Tatiana.

Despois de moitos intentos coido que xa puiden subir outro video d@s nen@s xogando na clase. A calidade non é boa pero é o que hai.Ademais custoume bastante conseguilo por diferentes motivos técnicos. Este video foi feito fai caseque un mes , antes das vacacións de Semán Santa polo que probablemente falta alguén. Nos vindeiros días tentarei de subir outro de Psicomotricidade.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola,quero dicir,que eu non penso que os demáis profes non curren,imaxino que máis ou menos,facerán o mesmo ca ti,nin creo tampouco que ninguén o pense,simplemente é un traballo máis,que é valorado polos pais,e que nos gusta velo.
Non sei de quen foi a idea de traer os animáis,pero pareceme xenial que os nenos os vexan e aprendan cousas sobre eles.
Sobre o video,sinceramente,cando ides para a casa, supoño que tomaredes un par de aspirinas,penso que vos fai falla.Un saúdo,Mary.