Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, mayo 15, 2007

Faivos raro verme escribindo un Martes , ¿verdade? , pois a razón é que aproveitando que non tiven ningún pai na titoría e que ainda teño fresco o daviaxe andiven subindo mais fotos da viaxe e mirei os comentarios do blog. Estou encantado de que a nosa visita deixara tan bos recordos. Polo de pronto , ademais dos comentarios nos diferentes blogs que hai no cole, onte escribiunos, a Fátima e a min, Inés do Ceip de Niebla (Infantil) pareceume fabuloso e espero que manteñamos unha comunicación fluida que nos permita millorar no noso traballo. Pareceme moi acertado o segundo comentario pois penso que como di o refrán "O saber non ocupa lugar" e como dixo alguén,que agora non recordo o nome, " o saber faravos libres".
Sobre o comentario do pai de Victor dicirlle que a organización en rincóns baséase en "reparti-la clase en X rincóns que poden ser : o de xogos, o de matemáticas, o de lectoescritura, o de plástica, .... Logo fanse grupos coa totalidade de alumn@s , de tal xeito que un grupo vai a un rincón , outro a outro, etc. Esto é moi bo , pois son grupos pequenos que, se precisan axuda, podes atender millor , mentres o resto fai a súa labor. Para poder traballar así precisas ter bastante espazo físico e logo que @s nen@s saiban organizarse , para que non se mesturen os grupos e tod@s vaian a todo. Eu digo, en broma, que na nosa clase non hai rincóns, hai un rincón , a clase. Non temos sitio para movernos e as cousas xuntanse. Intento facer rincóns ou algo parecido , pero é imposible. A solución podería pasar por quitar mesas pero eso non me convence moito tampouco.
Sobre o tema de si o ensino é difernte , a resposta é que non. Esta claro que o dito de que "cada maestrillo tiene su librillo" é certo. Cada un/nha de nos temos pequenas cousas coas que nos sentimos cómodos e coas que traballamos, pero temos uns obsectivos iguais e uns contidos a aprender tamén iguais. Pode ser que cheguemos a acadar eses obsectivos por un camiño parecido ou diferente pero acadámolos. Hai xente que lle da moita importancia á lectura ou ás matemáticas, ou á plástica ou o que sexa , pero eso non implica que deixe o resto sen traballar.
Sobre as novas tecnoloxías eu penso que son un recurso mais que teño na miña aula. ö igual que antes tiña puzzles , xogos de lóxica-matemática, ensatables, .... é algo que eu podo usar para axudar @s alumn@s a aprender. Cantos mais recursos teña , mais posibilidades teño de chegar ó /á alumn@. A diferencia , coido , é que as tecnoloxía ofertan moitas posibilidades , pero agora temos que facerlle ver @s nen@s a súa importancia, pero tamén que ten que haber un bó uso delas. ó leite é un alimento moi bo , pero eso non quere dicir que só tome leite. As tecnoloxías axúdannos moito pero non quere dicir qiue sexan a solución a todolos males, é mais, mal usadas poden orixinar mais problemas, Perdón si me extendin moito na explicación , pero é dificil ser concreto.
Para rematar quixera poñer a disposición dos que lles interese o album de fotos da viaxe a Huelva, se queredes velo picade aquí ou no lado esquerdo en Album viaxe a Huelva

1 comentario:

Leticia dijo...

hola soy una profe d ingles d madrid q está haciendo un curso acerca d los blogs y por suerte m ha tocado analizar el tuyo.
estoy encantada, aunque todavia no m ha dado tiempo d ver todo. admiro tu trabajo y t doy mi enhorabuena por la labor q haces.
me parece muy interesante y muy instructivo todo lo q en él se encuentra.
creo q la educación debe ser siempre un trabajo d varios equipos padres-maestros-alumnos y veo q esta es una manera fantástica d conseguirlo.
aun estoy despegando con mi analisis pero mas adelante t escribire mas cosas.
por cierto es mi primera experiencia con el galego y me resulta muy divertido, parece que no pero algo voy aprendiendo... je je
muchas felicidades por el blog