Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, mayo 28, 2007

Luns estivemos rematando o libro doa animais e traballaron o concepto longo e curto. Ademais antes falamos do que comen os animais e que alimentos obtemos de eles. Estes contidos repasáronnos no ordenador cunga actividade de Clic feita nun colexio do Pais Vasco( Vitoria) , esto forma parte do beneficio de compartir.Hai cousas xa feitas por outr@s compañeir@s que non temos mais que collelas e plicalas @s nos@s alumn@s.Ás veces m podémolas modificar para adaptalas o noso entorno ou noso nível de contidos. Logo, @s que non fixeran a fucha de plástica dos xirasoles de Van Googh , fixéronna en grupos de catro. Olvidabame de comentar que dentro da charla de grupo que facemos , Ariadna comentounos que Chipi estaba embarazada.Logo de algunhas preguntas , enterámonos que Chipi é a súa cadela e que llo dixo súa nai , quen se enterarar polo seu pai. Tamén moit@s falaron de que foran á festa e algún cumpreanos. Ás veces fan comentarios curiosos ou simpáticos que como non apunto no momento , logo os esquezo e non volos poño no blog, perdoade e intentarei apuntalos ou non esquecelos
O Martes , para variar traballamos cos números.(parece coma se sempre estiveramos traballando cos mismos números , e que deberiamos cambiar ¿verdade? , pois recordade que teñen 3-4 anos é que esto que facemos agora en tres anos era o que se facía antes en catro anos -cando non se escolarizaba os de tres-) A variación foi que había que face-lo número con plastilina. Pintaron moi ben e o churro custoulles un pouco a alúns/nhas. Despois contamo-lo conto de Regaliz , que van levar esta semán , xunto coas fichas e coméntámolo. Logo do recreo , aproveitando que viña Tatiana de apoio adicámolo a plástica. Estamos facendo unha paisaxe de Primavera , con flores feitas con estampacións de bastonciños , ó redor dun gomet ( en grupos de dous ou tres). Eu mentres ía por parellas preparando unha ficha onde tiñan que pintar con pinceles de diferente grososr. Había unha flor debuxada por min en lapis , e tíñan que repasar o talo e pintar o campo da parte de abaixo. Outro día a rematarán.
Hoxe traballamos coas series e a experiencia foi moi boa pois de tódalas que fixemos , o 80 % foi ben. Primeiro na alfombra con cores , con formas e logo con eles/as de palabra ouxesto. Cada un/nha tiña que dicir ou facer o que lle tocara (por exemplo unha palmada-duas palmadas-unha palamada- duas palamadas...). Logo na ficha eran tamén series sinxelas pero nas que había que debuxar ou facer raias e tamén moi ben.
EStes días estámolos adicando , logo do recreo, á plástica e por eso hoxe estivemos facendo a paisaxe da primavera da que vos falei antes. Hoxe tiñan que primeiro pintarlle a copa da árbore (eu poñía as beiras), logo facer boliñas laranxa que imitaban a pexegos para poder pegalas na árbore. Despois cun tampón que nos empretou a "profe" Maite fixemos debuxiños pola paisaxe (flores, paxariños, bolboretas, ...) , eran coma tauaxes (por suposto cada un/nha levou un na súa man). Mañán continuaremos
Tamén nos enteramos dun moi mala nova, o noso querido Jorge foisenos do "cole", esto que de por si xa é triste ainda é pior polas circunstancias nas que se foi. Dende aquí desexámoslle moitisima sorte, esperámos que poida seguir sendo tan ledo e alegre coma era e mandámoslle un bico moi forte.(Tamén moitos ánimos para Mary - a súa "yaya" , como él dicía). Ímolo botar de menos.
Con moito agarimo para él vai esta presentación:


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola,eu tamén lle desexo moitísima sorte a Jorge.Sinto moitísimo que se tibera que ir.Penso que todos o imos botar de menos.
Quero dicir que é precioso o detalle do video,pereceme moi bonito que lle fixeras isto.Nunca o imos esquecer.Moitos bicos de Mary e Víctor, para Jorge.

Anónimo dijo...

bos dias, son a nai de Carmen, quero decir que me apenou moito cando me enterei de que Jorge tivo que marchar para outro colexio "lejos de la ciudad porque tiene una mam'a" esto foi o que me dixo a miña filla. Por outro lado xa me dixeron algunhas nais a motivo e circunstancias da sua marcha, espero que siga sendo o mismo neno e que a nova vida non o oblige a cambiar. quero desexarlle a súa aboa moite sorte e animala para que saque forzas para seguir pra diante. Precioso o que lle fixeche a neno Jose Carlos. JORGE DESEXOCHE O MELLOR.

Rodrigo dijo...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.

Anónimo dijo...

Hola,son Elena.Gustoume moito o video de Jorge.Espero que siga sendo tan alegre e que todo lle vaia moi ben na sua nova vida.Moitos bicos para o neno e un abrazo para a "yaya"