Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, mayo 02, 2007

O Luns foi especial pois , por mor da "posible ponre, faltaron moit@s nen@s e"só " estaban 15. Esto amosou que este é o número ideal para poder traballar axeitadamente nunha aula de tres anos. Houbo tempo mais para atendelos, mais espacio físico na aula, mais tranquilidade, menos berros, ..., todo esto independentemente de quenes foron @s que faltaron, pois o importante é o número. Unha vez comentado esto dicirvos que aproveitamos para iniciar algo que eu lle teño moito respecto , pero que algunha vez tiña que comezar: o recortado. As tesoiras sempre son un perigo nas mans de calqueira, pero nas de un nen@ de tres anos mais. Probablemente este curso ou o vindeiro algún/nha irá para casa con menos pelo ou cun mandilón á moda ( ou sexa roto e cortado), eso forma parte da educación infantil e é inevitable. O importante é que non se fagan dano , ademais intentarei que comecen a saber move-la tesoira e que se aproximen a unha liña. Hoxe había que recorta os flecos dunha ficha moi bonita. A verdade é que o fixeron bastante ben e ninguén se mancou. Algún cansábase pero tod@s remataron. Outro día cortaremos tiras de papel charol, e así pouquiño a pouco.Podedes ve-las fotos picando aquí ( faltame a foto dalguén que recortou pero non me decatei no momento de facelas , intentarei facerlle outra outro día).
Ademais estivemos preparando o regalo da nai para o Domingo.É parecido o do pai, para que non haxa celos ; ) , pois viña dentro do método e había que aproveitalo.
Por certo , por despiste esquecín que nos tocaba Psicomotricidade e Carmén preguntoume se non íamos , pero xa pasara o noso horario. Foi un despiste , este Venres espero que poidan ir pois lles gusta e o pasan moi ben( ás veces a dinámica de traballo da clase e tan forte que te "devora", queres facer tantas cousas que te esqueces doutras).
Estiven pensando que dado "o exito" dos albumes de fotos , vou intentar poñer nun lado do blog , enlaces directos a cada album , así poderiadelos ver cando quixesedes, sin ter que andalos buscando polo blog.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola son a nai de Aarón e Ainara.Xa me contaron o ben que o pasaron recortando.Na casa si queren recortar so o fan sentados nas sillas e vixiandoos.Por unha parte por eles e pola outra, porque xa me advertiron outras nais con mais experiencia dos desastres cas cortinas.Ainda así Aaron non se pudo resistir a facer de perruqueiro coa sua irmá e quedounos un bonito mechón no albúm de fotos.Bueno, un saúdo e ata a próxima

Anónimo dijo...

Hola son a nai de pauli,as novas experienzas tamen beñen ben pa que sepan o que e bo e malo,eu a paula xa fai tempo que lle deixo cortar coas tixeiras e mais preguntame se o que colleu pa recortar vale ou non non usa a tixeira sin saber si pode,ainda que non quita que baia facer algo unha prima miña non fai moito con 5 anos queria flequillo como unha amiga e de noite cando chegou a nai tiña un look novo,por iso as beces e bo que experimenten cousas novas xa na casa pra que non o noten extraño un saudo asta pronto

Anónimo dijo...

Hola,son a nai de Víctor,quería comentar que me parece unha esaxeración o de ter tantos nenos pa unha soa persoa,non entendo como non miran máis iso,teño unha sobriña en Sada,e no seu cole tamén teñen 25 nenos,pero ten cada mestre,3 mestres de apoio,polo que me comenta a miña irmá,o ideal sería,que tibesen menos nenos,pero polo menos,teñen máis mestres.

Sobre o das tixeiras,so dicir que penso que a maioría xa tibemos algunha experiencia ou anecdota con elas,asique penso, que se nos veñen co pelo pincho ou co mandilón á moda,penso que a maioría ímolo entender,e non sería o pior,o principal é que non se fagan dano uns os outros con elas.Un saúdo

profes dijo...

ola somos tres profes que estamos mirando o voso blog