Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, junio 14, 2007

Andamos no remate do curso e pouco vos teño que contar. Nos vindeiros días mandarase unha nota explicando como será o final de curso pero para que vos fagades unha idea comentovos que o Venres haberá unha reunión convosco ás nove e media. Sería desexable que si podedes veñades sin @s nen@s, para poder falar con mais tranquilidade. Na reunión falaremos un pouco do que aconteceu do curso e algo que como se iniciará o vindeiro. O Xoves faremo-la festa de despedida , non traeran merenda nin nada para a festa , pois como din nos bares " a casa invita". Mantereivos informado se hai novidades.
Sobre o tema de Jorge darvo-las gracias pola colaboración e polo apoio. Esperemos acadar o obsectivo de que volte e poidamos telo connosco o vindeiro curso.
En traballo caseque temos rematado o libro de fichas e o de plástica rematarémolo hoxe.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

BOAS TARDES, SON A NAI DE CARMEN MANDO ESTA MENSAXE PARA DECIR QUE PODERIASE DAR A PERSOA QUE TEÑA A PODER DE DECISION PARA QUE JORGE VOLTE CA SUA ABOA E OS SEUS COMPAÑEIROS A DIRECCION DESTE BLOG ONDE PODE COMPROBAR POR SI MESMO O FELIZ QUE ERA JORGE COS SEUS COMPAÑEIROS XOGANDO E APRENDENDO,XA QUE UNHA IMAXE COMO SE SOE DECIR VALE MAIS QUE CEN PALABRAS.SERIA UNHA ARMA MAIS CA QUE LOITAR POR EL, APARTE DAS FIRMAS QUE SE ESTAN A RECOLLER. SAUDOS.

Anónimo dijo...

Hola,quero dicir que quedaron preciosas as bolboretas,que xa me ensinaron como voan.Imola gardar con moito agarimo.(esperemos, teña máis sorte que a faba),pois con moita pena,morreu,(creo que non lle foi ben o cambio de terra),ou quizáis Víctor lle botou demasiada auga,de todolos xeitos nós, non temos tan bos invernaderos coma no cole.
Das vacacións,creo que xa teñen necesidade delas,pois xa estan bastante cansos e con moitas ganas de ir a praia,ainda que seguro,tamén van botar de menos ir o cole.Un saúdo,Mary.

mamiago dijo...

Hola: me encanta ver que existen escuelas con la suficiente carisma para poner en marcha iniciativas tan importantes para los padres, si yo fuera la madre de cualquiera de estos alegres niños estaría muy agradecida de poder ver y participar de un modo tan directo de lo que hacen en el cole, debería ser obligatorio. MUCHAS FELICIDADES.

Anónimo dijo...

HOLA, son o pai de Víctor e penso que a idea da nai de Carmen é moi axeitada e que podería ser importante aproveitar este blog para que Jorge volte a onda súa "yaya". Espero que todo o mundo se anime nesta causa e se acaden o maior número de firmas posibéis, porque polo que vemos tódlos días a vida non sempre é xusta coa boa xente.
Ánimo "yaya".

Polo resto, como o curso está a rematar, felices vacacións a tódolos nenos e ós que facedes posible esta iniciativa, en especial a Xosé Carlos, porque de seguro que se non fose por ti os pais non teríamos no noso poder tanta información nin tan de primeira man como temos. (e que conste que non é para facer a pelota, senón que é o que realmente penso).
Noraboa e espero que o ano que ven sigamos podendo contar co blog.
MOITAS GRACIAS.

Anónimo dijo...

Hola,pareceme moi boa idea a suxerencia da nai de Carmen sobre o blog.Todo o que podamos facer para axudar parece pouco.
A bolboreta quedou moi ben,non se me ocurrira que de uns filtros de café poidera sair algo tan apañado.
O outro día os nenos xogaban na casa "o cole",Aarón era Xosé Carlos e pedía un "axudante" e Ainara era a voluntaria.Fixome gracia porque eu non sabía nada dos "axudantes" e eles estaban todos serios como si fose de verdade.Bueno, un saudo.Xa queda pouco. Elena