Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, junio 10, 2007

Non hai moito que contar , só que estes días son especiais á hora do traballo na clase pois estamos intentanto pecha-los diferentes libros iniciados (Pictogramas, plástica, ...). Ademais nótase que @s nen@s están un pouco mais inquietos que o resto do curso. Tanto o Xoves coma o Venres tivemos video, ademais de Relixión e Psicomotricidade, pois íamos a facer a ficha sobre cadro de Velazquez e queríamos ver o video das Tres Mellizas que fala da súa vida, pero como tempo é escaso logo do recreo , comezamos antes , pero como tamén tiñan que merendar , para non leva-lo bocata ó patio , pois non nos deu tempo nun día. Mentres vían o video , en pequenos grupiños de tres ou catro ían facendo unha ficha de plástica sobre a Primavera.
Dicirvos que teño unha folla para recoller firmas de apoio á avoa de Jorge para recupera-la custodia do seu neto. Aqueles/as que queiran firmas que mo digan. Gracias pola colaboración

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola,estou desexando velo vestido da Pantoja.Están moi ben as fotos e o video de cando estaba Belén.
Faime gracia Jorge,que parece que non quería o balón.(Sorte,Belén)
Tes uns alumnos moi aplicados,vense moi entretidos.Teñen cara de non romper un plato.Ojalá na casa, foran así de bos.
Sobre o das firmas,espero que todo o mundo se anime,espero tamén, que sirvan de algo,Ojalá que poidamos ter a Jorge con nós para o curso que ven.Un bico para Jorge e para a Yaya.Un saúdo Mary

Anónimo dijo...

Saludos,
sólo un momentito para dar nuestro apoyo a la yaya de Jorge en este momento tan dificil, ojala y la vida te sonria y lo más importante ... ojalá que le sonria a Jorge. Contad con mi familia para lo que necesiteis,
Maribel y Mateo