Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, junio 17, 2007

O domingo escribin esta entrada no blog pero logo equivoqueime e gardeina coma un borrador en vez de publicala. Ainda que sexa con retraso ahí queda
Só comentarvos que esotu gravando os DVDs con todo o material do curso. Nel van ir as fotos , os videos e o conto que fixemos (Os tres porquiños). Tamén outros contos feitos en anteriores anos que estaban na páxina web e que algunha xente tivo problemas para baixalos ou abrilos. Coido que lles poden gustar. Puxen algúns materiais mais coma uns programiñas que son de balde e que usamos durante o curso.
Por estre motivo tódalas fotos que faga a partires de agora poñereinas nun album en Internet e dende ahí teredes que baixar as que vos interesen. Hoxe, por exemplo, vou poñer as da derradeira clase de Psicomotricidade con Tatiana. Son moi graciosas ( por certo as que estan coas caras movidasé porque o flash non saltou e sae o movemento da cara d@ nen@).
Quería darrlle as gracias a nai de Carmen pola idea pois todo o que sexa colaborar para que poida voltar , paréceme estupendo. Esto é un dos motivos da existencia do blog, poder comunicar, aportar ideas para axudar ou millorar a educación ou o futuro d@s nen@s. Levo unha gran alegría.
Do cole nos vos conto nada pois non hai nada salientable ( e os Xoves e Venres menos), mirade e picade no lado esquerdo o album "derradeira sesión de Psicomotricidade" para ve-las fotos

No hay comentarios: