Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, septiembre 17, 2007

Comezar por contar que temos un novo compañeiro no cole, chámase Ricardo e veu onte por primeira vez. Esperamos que pouquiño a pouco se vaia integrando no grupo, polo que se ve nestes primeiros días , penso que non vai a haber problema.Levamos algúns días e xa vos poido comentar que se notou o paso de verán sobre @s nen@s, a pregunta é ¿para ben ou para mal?, pois a resposta é para ben. Notoos mais maduros e soltos. A pesares dos cambios físicos que tivemos , vexo@s que collen as cousas millor e mais axiña. Esto , por outra banda é normal e lóxico , comentoo porque ainda que non o pareza están continuamente aprendendo e , ademais madurando. Non todod é pintar , escribir , recortar , ... hai moitas mais maneiras de madurar. Polo de agora traballamos pouco ( non vai a ser que se asusten , e non queiran vir ; ) ) pero no pouco que fixemos , polo xeral, tamén o fan millor ( aquí pode influir que non hai o cansazo de fin de curso).
O Martes comezamos ausar a PDI de xeito mais didáctico. Imos facer libros individuais de trazo. Cada neno ten unha serie de fichas con diferentes trazos , cada vez que traballemos un trazo determinado , @ nen@ sairá á PDI e fará a ficha do seu libro. Pensaredes que é o mesmo que nun libro de papel , pois si pero as vantaxes é que aquí traballamos a grafomotricidade grosa , antes de face-la na fina no papel. Este é un paso previo. É mais motivador , pois @ nen@ fai con trazos de colorines , millor presentado e podémolo gardar dun xeito mais ordeado.
Tamén estiveron comezando a recoñece-lo seu nome enlazado. Primeiro era buscalo no medio de todos os da clase. O 250% (aprox.) non tivo moito problema. Cando reducimos o número a só seis , xa o 75 % o atopou, o resto custoulle un chisco mais pero o fixeron. Este nome era para poñer debaixo dun autoretrato, así practicabamos a figura humana. Houbo de todo , seguen esquecendo o tronco , pero en xeral ben.
Hoxe Mércores estivemos traballando o vocabulario da clase , que cousas hai dentro e que non. Presentamos un novo programa comercial " Trampolin 2-4 anos ( nos chamámoslle " A Gardería" pois sae no inicio unha gardería, e a idade axeitada é a partires de 4 anos , pero as casa sempre esaxeran algo no tema da idade) que imos comezar a usar nos ordenadores a partires de mañán , en parellas. Xa me preguntaron polo uso dos ordenadores , pero primeiro sempre miramos en gran grupo como funciona un programa , para logo usalo con mais coñecemento.
Na PDI , ademais do dito , fixeron debuxo libre , @s que quixeron , pois como tamén había a posibilidade de coller xoguetes , non tod@s querían ( ainda que ó remate poucos quedaron sen pasar. Deixovos un debuxo feito , está bastante ben , tendo en conta que é mais dificil do que parece debuxar nela.
Quixera dicir sobre un dos comentarios, que estou de acordo totalmente no tema do baño. Sempre que lle ensino os pais/nais e lles conto os perigos que hai e con quen o comparten , a todos lles parece unha tolemia , pero logo queda no olvido. Eu coido que habería que facer algo, que calquer día pode haber un disgusto e entón imonos tirar dos pelos. Non é normal que teñan que subir escaleiras (ainda que pasa en mais colexios) pero ter que ir a un cuarto de baño de nenos de Primaria , tan separado da clase e compartilo 13 aulas , non me parece moi axeitado. Os profes , ademais de amosarvos o que hai non podemos facer nada, entón pensade un pouco o que hai e que se pode facer.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Bos días,quero darlle a venbida a Ricardo.
Sobre o dos baños e as escaleiras,quero dicir que,dende logo,a culpa non é de ningún mestre,en todo caso,será nosa,pois sempre se fala das cousas,pero logo non se fai nada.O problema ven cando pasa algunha cousa.Coma sempre,ten que pasar algo,para que a xente se mova.
O das escaleiras,pareceme moi perigoso,pois os nenos son moi pequenos,ainda que saiban subir e baixar,son moitos xuntos poden caer tranquilamente.
Logo,veñen os problemas,algunha xente dirá que o mestre non os agarrou,ou que non mira nin para eles.Eu pregunto:¿podese controlar que non caia ningún neno,subindo e baixando 23?,Eu non podería.
O dos baños,o mesmo,se se perde algún neno,tamén se lle vota normalmente a culpa os mestres,cando en realidade,non a teñen.O problema está en ter os baños tan lonxe da aula.Non digo todo isto,por defender a ninguén,digoo,por que me parece un problema moi serio e que nos afecta ós pais.Un saúdo,Mary.