Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, septiembre 11, 2007

Ola a tod@s , antes de nada quérovos pedir perdón pois na miña presentación para este novo curso esquecin saudar , pero como máis vale tarde que nunca , ahí vai.
Xa comezou o curso escolar, pois aya o de agora só foron preparativos e unha reunión informativa cos pais/nais d@s alumn@s.
Antes de contar o que fixemos nestes primeiros día quero salientar algúns dos cambios que hai respecto do curso anterior.
    • A nosa situación física variou , xa non "vivimos no baixo da casa" , agora "vivimos no primeiro andar". Esto que parece un premio, mais ben é un "castigo" pois , loxicamente , temos que subir e baixar escaleiras, alomenos duas veces ó día. Nos primeiros días imos ter que tomalo con moita tranquilidade ,e, como en tódalas cousas, coller bos habitos (agarrarse o pasamáns, subir e baixar sen agarrar o de diante, non correr , mirar cara adiante, intentar poñer os pes alternativamente, ...). Ademais tamén nos mudou a situación do baño , xa non o temos ó lado. Agora está a 30-40 mts, ( pero por un laberíntico pasiño) e compartímolo con outras 12 aulas. Como diría un técnico, imos ter que busca-la maneira de "optimizar " este recurso.
    • Outro cambio significativo é que este ano , e por primeira vez , imos ter Inglés. A xunta vai impulsar o Inglés e para eso mandou unha profesora só para E. Infantil , por certo chámase Irene. Tamén cambiamos a "profe" de apoio , xa non temos conosco a "SuperTatiana" que ten a súa clase coma titora, agora vainos a apoiar Carmen Nemiña, que tamén nos vai a axudar moito para que o curso sexa máis levadeiro.
    • Outro cambio , tamén moi importante, é que somos uns privilexiados , pois, gracias á Fundación Amancio Ortega, a nosa aula está dotada cunha PDI (Pizarra Dixital Interactiva). Eu teño moita ilusión e espero contaxiarlla @s nen@s , pòis as posibilidades que abre a disponibilidade da PDI na aula son inmensas e durante o curso iremos vendo algunhas delas.
    • Tamén temos cambios no alumnado. Xa non están connosco Andrea, Sara e Jorge( un bico moi forte para eles) , pero a cambio temos dous nenos novos ( alómenos en lista , pois ainda non apareceron): Ricardo e Adrián. Imos intentar que entre tod@s consigamos facilitarlles a integración no grupo das ras.
Dos dous días pouco que comentar pois ademais de falar e xogar, pouco mais fixeron. Contáronme algúns viaxes así , nestes momentos , recordo que Susana foi ó Grove ( ademais de contarme tristes novas sobre o avó), Sandra foi a Bayona con moitos familiares ou amigos, e alguén me comentou que foi en avións. Moit@s foron a praia ( supoño que tod@s) mencionando as de Barrañan e Balcobo. Marco comentou que foi de camping. Houbo mais comentarios pero non os apuntei e agora non os recordo. Gracias polas cunchas , espero que nos vindeiros días comencemos a usalas.
O cambio de aula levámolo bastante ben, ainda que hai que estar moi pendente do baño xa que hai quen vai e tardar mais do debido en voltar. Cos escaleiras moi ben , millor do que pensaba.
Estrenamos a PDI ( @s que quixeron) e ainda que é moi doada de usar , fáltalle práctica que espero vaiamos collendo.
Antes de rematar comentarvos que vai a haber novidades co día de Psicomotricidade, pois de inicio ía se-lo Martes , logo do recreo , pero por mor de cambios nos horarios , vai mudar de día ( probablemente ós Venres pero xa vos avisarei) . Este Martes non fai falla que traian tenis e chandal. (Mandarei unha nota o Luns para a xente que non lea aquí)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola antes de nada,quero darlle a noraboa a Tatiana,tamén dicirlle que a imos botar en falta.Sorte.
Benvidas Carmen e Irene,desexovos tamén sorte a vós.
Estou moi contenta, de que este ano comencen a darlles Inglés,pois en algúns coles xa o estaban dando e a verdade é que me extrañou bastante que aquí, non o ensinaran.
Tamén estou moi contenta coa PDI,pareceme moi cómoda para que traballen os nenos,ademáis das outras moitas posibilidades que pode ter.
Do que non estou tan entúsiasmada,é dos baños.Xa que están bastante lonxe da aula.Pronto aprenden onde están,pero non me parece unha cousa nada axeitada,para nenos de 4 anos,nin as escaleiras tampouco.
Penso que isto,o deberían de estudiar un pouco.Bicos a Andrea,Jorge e Sara.Un saúdo,Mary.

mamiago dijo...

moi ben o do inglés e o da pizarra dixital, parabéns por esto último pois non debe ser doado de conseguir, supoño que e un bo regalo para a escola, vaia avance.
O meu pequeno comenzou tamen o curso (3 anos) e dentro de nada falarame en inglés... bikos para tod@s

Anónimo dijo...

BOS DIAS, ESTOU ENCANTADA DE VER FUNCIONANDO O BLOG OUTRA VEZ O 100%.
POLO QUE PODO COMPROBAR ESTE ANO PUXECHELOS CON OUTROS COMPAÑEIROS NAS MESAS, ESTO PARECEME MOI BEN XA QUE ASI COÑECENSE TODOS MELLOR E NON SE ACOSTUMBRAN SEMPRE OS MESMOS COMPAÑEIROS.
RESPECTO DOS BAÑOS, O IDEAL SERÍA QUE ESTIVERAN NA AULA COMA O PASADO CURSO, ANQUE POR OUTRA BANDA OS CAMBIOS NON SON MALOS, XA QUE ASI VAN APRENDENDO COUSAS NOVAS, O PEOR DO CASO É QUE TEÑEN QUE COMPARTILO CON DOCE CLASES MAIS QUE A 25 ALUMNOS POR CLASE POÑEMOSNOS EN 300 PERSOAS,E ISO O FINAL DA XORNADA DEBE DE QUEDAR....
TEÑO A DUBIDA DE SE O LIMPAN ALGO DURANTE A MAÑAN.
SAUDOS PRA CLASE DE "RANA".MARIA