Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, septiembre 03, 2007

Xa estamos aquí de novo.

Xa sei que @s nen@s non comezaron a escola pero eu si comecei e polo tanto ímoslle dar a saída a unha nova parte desta esperiencia que esta sendo o blog .

Como din, ás veces, parece que foi onte que rematou o curso ( a min dende logo parécemo) e xa comezamos un novo . Nesta segunda etapa seguiremos a contar as incidencias e o que aconteza na nosa aula pero agora xa somos un ano mais vell@s.Esto que algúns adultos é un "trauma" ; ) , para @s nen@s pequechos é unha alegría. Ata que comece o curso cos nen@s aproveitarei o blog para contarvos algunhas novas referentes ó comezo das clases. Así por exemplo o comezo das clases está marcado para o día 12 . Nesa data, ó igual que nos derradeiros anos, faremos unha reunión cos pais/nais que servirá, ademáis de de presentación para os alumn@s nov@s , de exposición do que imos facer ó longo dos vindeiros meses. Está reunión será ás 11 da mañán ,para os alumn@s de 4 anos (o resto dos níveles será: 10 h. para os de 5 , e 12 h. para os de 3)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

HOLA DE NOVO, O BO ACABASE PRONTO.
SUPOÑO QUE A REUNION DA QUE FALAS E O DIA 12 CANDO EMPEZAN AS CLASES, A MIÑA CARMIÑA XA ME LEVA PREGUNTANDO FAI UNS DIAS QUE CANDO EMPEZA A ESCOLA,VESE QUE VOTA DE MENOS A SEUS AMIGOS E PORSUPOSTO A SEU PROFESOR, XA QUE XOGANDO CA IRMA IMITAVATE BASTANTES VECES FACENDO DE PROFESORA. ESPERO QUE ESTE ANO SEA POLO MENOS TAN BO COMA O PASADO,E É DE ESPERAR QUE AS BAGOAS DOS PRIMEIROS DIAS APENAS SE VERAN. UN SAUDO PRA TODOS, E A EMPEZAR CON MOITAS GANAS E ILUSIONS. MARIA

Anónimo dijo...

BUENO, XA REMATOU A BOA VIDA. AGORA EMPEZA DE NOVO O TRABALLO DURO, TANTO PARA O PROFE COMA PARA TODOLOS NENOS. ASÍ QUE, ANIMO E QUE, COMO DI A NAI DE CARMIÑA, POLO MENOS ESTE ANO SEXA COMA O CURSO PASADO, E SE PODE SER UN POUCO MILLOR BENVIDO SEXA.
SEGURO QUE OS PRIMEIROS DIAS ALGUN VAI BOTAR DE MENOS AS VACACIONS.
UN SAUDO (VICTOR)