Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, octubre 10, 2007

Deixo o comentario que , habitualmente , fago os Mércores para mañá pois así xa vai o de toda a semá. Aproveito para poñer un video de Youtube que unha compañeira me envíou onte. Nel un xuiz de menores da unha charla sobre as obrigacións e dereitos dos fillos. Xa sei que os vosos son ainda pequenos ,( os que están comigo) pero penso que é unha moi boa reflexión do que acontece nestes momentos.




Quixera aproveitar para contestarlle ó comentario dos pais de Abel. Dicirlles que espero que non sexa nada importante e que Abel millore axiña para estar connosco a semá que ven

2 comentarios:

maria dijo...

Un saúdo desde AULA BLOGUE,nos empezamos este ano a nosa aventura e seguimos o voso blog o curso pasado.
http://maria-eduinfantil.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Acabo de ver o video do xuiz de menores e vou a pasar da "supernanny" e buscar a direccion deste señor.Canta razon ten e canta culpa temos nós.Pero non so nós os pais sinon en xeral.Cada un na sua casa intenta facelo o mellor que pode pero cando estas na calle e o teu fillo se porta mal casi que tes que buscar unha forma politicamente correcta de berrarlle porque parece que todos estan pendientes de ver "hasta donde chegas".Temos moito que aprender pero parece que os nenos nos levan ventaxa e aprenden moito mais rapido.Non nos queda nada!Un saudo,Elena