Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, octubre 26, 2007

Hoxe estiveron moi pouquiños, tan só 14 ata o recreo , e logo con Paula 15. Por este motivo fixemos traballo moi lixeiro, trazo da letra i. Antes de eso estivemos traballando coa letra na PDI (o mesmo que outras veces). Despois fixeron puzzles e plastilina , ademais de pasar polo ordenador a traballar coa letra i , pero nunha actividade de Clic que adaptei ó galego . Como estivemos moi sobrados de tempo acabamos falando do curso pasado e acordamonos de Jorge. Hai quen preguntaba onde estaba, outr@s que cando ía voltar. Tod@s , en xeral, tiñamos moitas ganas de velo correteando polos pasillos ( "o que houbera disfrutado él indo só o cuarto de baño e paseando o seu aire polo cole") . Como témola esperanza de volver a velo e que nos le a, dende aquí mandámoslle un bico e un saudo moi grande.
Por suposto que tamén houbo un recordo para Andrea e Sara , pero dadas as diferentes circunstancias en que se foron preferin facer fincapé en Jorge, pero tamén un bico para elas duas

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola,están preciosas as fotos da vendimia.Paula está simpatiquísima,con ese gorro parece unha mexicana.
Pareceme estupendo que viran as fotos,e que vaian tamén os nenos das outras aulas velas.Sempre se fan millor unha idea vendoas.Gracias ós pais de paula.
Quero felicitar tamén, a José e os seus pais pola colleita das fabas.
Seguro que a José lle fixo moita ilusión velos resultados e compartilos cos seus compañeiros.
Os caracois quedaron preciosos.
Mándamoslle moitos bicos a Jorge,seguro que o ía pasar estupendamente correndo cara o baño.Todos temos a esperanza de que volte cos seus amiguiños.
Un bico para os tres.Saúdos Mary

Anónimo dijo...

BOS DIAS A TODOS,CONTOUME CARMEN QUE INVITASTES OS VECIÑOS A VER A VENDIMIA QUE SE FIXO NA CASA DOS AVOS DE PAULA,E QUE VIU OS SEUS AMIGOS ANDRES E LAURA.SAUDOS A TODOS OS COMPAÑEIROS QUE NON ESTAN ESTE CURSO.JORGE ESTA MOI SIMPATICO NA FOTO.