Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, octubre 23, 2007

O Luns tivemos novidades (ainda que na clase @s nen@s non se enteraron ata o Mércores) pois José trouxonos unha mostra da primeira colleita de fabas que prantaramos o ano pasado. Na foto podedes ver que non son exemplares de Guinnnes pero que non teñen nada que envexar a algunhas que hai nas tendas. É a primeira vez, dende que dou clase , que vexo os resultados do "traballo" feito na clase desta xeito . ! Noraboa a José e ós seus pais ¡.
Tamén quero comentar outra colaboración vosa. Os pais de Paula , logo do comentario sobre a vendima feito fai pouco , tiveron o detalle de traernos unha chea de fotografias da vendima na casa dos avós de Paula. Paula tivo a sorte de poder facer viño pisando as uvas e así ve-lo proceso da elaboración. Coas fotos na clase tamén o podemos ver perfectamente e , ainda que non é mesmo ver que participar , esas fotos son dunha gran axuda ( ata o extremo de que imos invitar ó resto das clases de catro anos para que poidan velas. E para que vos tamén o poidades apreciar deixovos ó final do comentario unha presentación , en forma de video , das fotos.
Antes de falanr xa do traballo na clase querovos comentar que o Venres estivemos facendo o primeiro dos troquelados que trae o libro. Era sobre o que antigamente se chamaban "mariquitas". Consistía nunha figura humán de cartolina , xunto coa roupa que se pode colgar polos pliegues. Gústalles bastante , pero amin non me convencen moito , pois é bastante chollopara o titor (separar vintetantos troquelados coas súas roupas correspondentes , sen que rompan) , para acadar un obsectivo que o podes acadar doutra maneira.
Comezamos a semán polo noso libro de pictogramas . As frases xa son compostas con duas acción e eso custa un chisco mais de ler. Falta tres pictogramas en duas frases que a maioría soubo colocar axeitadamente..
Despois traballamos o concepto moitos-poucos. Primeiro nún programa , logo na alfombra e , para rematar , facendo boliñas de papel de seda que ián "convertir" en ourizos para que un castiñeiro tivese moitos e outro poucos.
O Martes veu , a primeira hora , Carmen Nemiña pola nosa clase para axudarnos . Por esta razón adicámola hora a plástica ( pero a do libro) onde tiñamos que decorar tres papaventos. Fixéronnno con ceras brandas , que manchan bastante ,pero coas que é moi doado pintar (usabámolas en tres anos por ter menos forza na man).
Despois do recreo veu a verdadeira Plástica pois iniciámonos no uso da pasta de modelar. A idea era facer un caracol ( bastante grande). Era algo moi sinxelo e que tod@s podían facer, pero non foi así. Resulta que para poder atendel@s millor a planificación era a seguinte: poñer un video na PDi para que o viran a metade, mentres eu coa outra metade ía traballando o caracol. Saíu ben co primeiro grupo , pero no segundo alguén se adicou a seguir mirando a peli, polo que non fixo o traballiño. Tan só tiña que facer un "churro" coa pasta e logo unha bola á que lle ía poñer ollos naris e boca ( mais os cornos con escarbadentes). Era cuestión de querer facelo.
De hoxe contarvos que traballamos o trazo e a discriminación visual do i. Ainda que non parece moito , si o foi , pois , como sabedes o trazo teñenno que facer primeiro con lapis e logo repasa-lo con rotulador. Esto xuntado coa parte correspondiente de pintar deulles para bastante. Tamén houbo tempo de xogar , ainda que non tod@s pois había quen tiña algún traballo atrasado que non rematara . Aproveitamos e tan só quedaron un par de fichiñas de pictogramas ( a dous nen@s).
Teño problemas para poñe-lo video das fotos da vendima , vou seguilo intentando pero para non facervos esperar mais , subo de momento esto . En canto poida poñovos o video e as fotos de Hugo e Ricardo con Xico que quedaban por facer e poñelas no album

No hay comentarios: