Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, octubre 18, 2007

Quedáranos pendente comeza-lo libro dos pictogramas , pois o Luns que iamos facelo , non puidemos por ter a a saída a ve-lo teatro dos monicreques. Démoslle un repaso a frases do curso pasado e , polo xeral , ben. A novidade, con respecto a tres anos, e que xa non ían picar os pictogramas que faltaban , senon que os ían recortar. O de recortar non vai todo o ben que eu quixera pero , realmente, é unha actividade complexa e que precisa unha atención o mais individualizada posible. Como cada vez que fagamos pictogramas , van recortalos, supoño que pouco a pouco iran collendo a destreza necesaria para cortar pola raia. De tódolos xeitos , sempre que poidades poñédeos a recortar na casa. Facedelle primeiro unha recta e logo ídeslle poñendo algunha curva. Esto , polo xeral , lles gusta e non se cansan tanto como pintando ou escribindo.
Comentarvos que nos Bits ( esas fotografías de temas diferentes que vos comentei no inicio de curso) estamos a falar dos cogumelos , dos froitos secos,e dalgunhas aves. Coméntoo por si lle oides falar de algún nome raro de planta ou paxaro.
O Martes estivemos traballando trazo do circulo , pois todos o recoñecen. Fixémolo na PDI e mais na ficha e moi ben tanto no trazo como na direccionalidade ( que pesado son eu, con esto da direccionalidade, pero é que ten , para min , mais importancia do que parece).
Logo falamos un pouco do Outono , que tiña de diferente coas outras estacións. Fixemos mais fincapé nos froitos que hai nesta tempada ( agora coa globalización xa non hai froitas de tempada pois hai de todo, en tódolos momentos). Os carnoso coñecíanos mais ou menos , pero cos secos ( a pesares dos bits) coñecíann a castaña, o cacahuete, o pistacho e a pipa pero as amendoas, as abelás e os piñóns non.
Na ficha había que identificar o nome das froitas. Eran seis e non era moi doado , pero non saíu mal.
O Mércores foi un día bastante animado , pois estivemos vendo un programa que traballa coas vocais ( nos só o fixemos co i) e nel había un ratiño que cando se facía ben , cantaba unha canción e bailaba cunha música moi leda que lles gustou moito. Xogaron na PDI e logo nos ordenadores. Na ficha había que facer un i con boliñas de papel de seda vermello , ademais de pintar e identificar a palabra "india". Antes, estiveramos vendo se unha palabra tiña i ou non no seu son. No inicio de palabra discriminábano bastante ben,pero tamén no medio tiñan, loxicamente, mais problemas .
ö subir do patio falamos das cousas que hai nalgunhas estancias do cole ( biblioteca , ximnasio , aula, patio, sala de video, .. ) e para eso estivemos cantando unha canción que falaba dun catalexo que tiña unha ra chamada Verdín. A partires desto "convertímonos en piratas" e pasámolo moi ben. Gustoulles a canción e , sobre todo , gustoulles levar un catalexo para casa ( que non era mais que un folio enrolado, a ilusión infantil facía o resto, !maravilloso¡).
Hoxe Xoves démoslle o repaso semanal o número un (para semán comezaremos co dous e daremos por pechado o un , dun xeito tan sistemático como estababamos a facer). Un 60 ou 70 % fanno mais ou menos reconocible ( redondeando arriba o cambio de dirección ) , e o resto o fan poñendolle un punto de inicio. Cando traballemos co dous haberá fichas nas que volten traballar o trazo do un , polo que eses/as que teñen problemas , iran millorando.
Do libro de Xico estivemos vendo a diferencia entre sons frouxos e fortes. Discrimináronos bastante ben ( @s que estaban escoitando).
Remato dicindolle a María , sobre o tema dos baños, que onte esquecín comentar que xa tivemos un par de accidentes consecuencia da situación dos baños. Na miña clase houba xa dous ou tres nenos que chocaron no pasillo , por causa do exceso de velocidade co que andan por él ( imos ter que quitarlle os puntos do carnet) . Dicímoslle unha chea de veces que non corran , que vaian a modo, pero en canto non os estas vixiando, botan a correr . Hai un par de curvas , nas que a visibilidade é nula , polo que hai bastantes posibilidades de golpe.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

BOAS, SON MARIA, RESPECTO DO QUE COMENTAS DO CONTENTOS QUE FORON PARA A CASA CO CATALEXO É BEN CERTO POIS A MIÑA FILLA NADA MAIS SAIR DO BUS ENSINOUMO TODA CONTENTA, E EU IGNORANTE DE MIN IA A DESPEGARLLE O FISO PARA VER SI ERA ALGUNHA NOTA QUE MANDAVAS PARA A CASA, CANDO ME DI QUE NON O ROMPA QUE LLO FIXERA JOSE CARLOS PORQUE ERA UNHA PIRATA, E QUE CANTARAN UNHA CANCION DE PIRATAS.

Anónimo dijo...

Hola Jose Carlos, soy una maestra de Valencia que he visitado tu página y me ha encantado. Hay muchas cosas que no he entendido pq estan en gallego pero me hago una idea. Te pediria que me mandases información de cómo organizas un dia de classe, tipo de actividades que realizas, talleres, rincones, rutinas pq quiero hacer algo difernete en el cole que trabajo pero es dificil para mi canviar el xip pq no he trabajado más que por fichas de trabajo. He encontrao tu página por casualidad pq estaba buscando información referente a lo que más arriba te digo. Este año además es la primera vez que trabajo con un compañero paralelo y me esta resultando muy dificil coordinarme al 100% con el, no por el sino pq estoy acostumbrada a trabajar sola y me resulta realmente complicado. Lo de la pizarra digital me encanta, la recomiendas?bueno, nada más, si pudiera mandarme esta información te lo agradeceria muchisimo. Mi mail es: clajim_ma@hotmail.com. Muchas gracias! Clara

Anónimo dijo...

Hola, boas! Son o pai de Víctor.
¿Fixeron eso todo que contas en só catro días? ¡Paréceme incrible!. Non me extrana que cheguen cansados á casa.
Estou de broma, pero a verdade é que polo que contas sí que traballan, e aprenden cousas novas tódolos días. Cun grupo tan numeroso debe de ser difícil ter a todo o mundo atento durante todo o tempo, supoño. Así que ánimo para seguir peleando con eles.
E moitas gracias por toda a información que nos ofreces ós pais tan a miúdo, porque a Víctor non hai maneira de que conte o que fai tódolos días.

SAÚDOS.

Anónimo dijo...

Hola,estou abraiada do ben que fixo o debuxo da cara,(coido que é Alexandra),está fenomenal.
A verdade é que sí traballaron moito esta semá.
Do catalexo e da canción dos piratas non souben nada,pois o meu,non troixo nada para a casa,(supoño que quedaría no medio do camiño).
Por certo,faime gracia o comentario de María,seguramente eu pensase o mesmo que ela,(menos mal,que eles nos van dicindo o que fan,pois senón,metade das cousas nin nos enteraríamos).Tamén gracias que tí,que nos vas dicindo o que fan,para saber un pouquiño de que vai o tema.Ás veces,contannos cousiñas coma nomes raros de prantas ou doutras cousas,que eu quedo sen palabras,logo, doume de conta dos bits,e imaxino que llos ensinas e quedan co nome.
Sobre os baños,non me extraña que leven golpes.Espero que non se fixeran moito dano.
Quero dicir,que me alégro moitísimo de que se animen máis profes a facelos blogs,pareceme un traballo FABULOSO.Moitos ánimos para todos.Saudiños,Mary