Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, octubre 17, 2007

Só contestar ós comentarios pois mañán espero poder actualizar o blog co feito nestes días ademais das fotos algunhas moi simpáticas. Dicirlle a Mary que o seu fillo recorda ben o de pisa-las uvas porque ademais de falar do proceso cantamos unha canción ( en castelan , pois era a única que sabía) que dicia "El juego del vino consiste en pisar las uvas maduras que estan en el lagar, las piso , las piso , las vuelvo a pisar , las uvas maduras que están en el lagar ( estas derradeiras estrofas cantabámolas ó tempo que faciamos o movemento de pisalas , esto gustáballes moito. Esto supoño que lles reforzou a t@s esa idea.
A María dicirlle que o do baño , levámolo como boamente podemos . Durante a mañán van cando piden ( agás que eu considere que van pasear , e ainda así algunhas veces me levan aá horta). Intento que non vaian mais de dous e se tardan vou eu ata alí. Ata o de agora non pasou nada , e esperemos seguer así. Se queren ir ó patio , van ó baño dunha clase de tres anos ou, algunha vez, se son duas van ó de arriba ( sempre que @ profe lle parezan de fiar , para ir soas). Espero que che aclarara as dúbidas.
Aproveito para dicirvos que segundo "as novas do Tomate" , vai a haber un ou dous novos blogs de infantil no noso cole. Nos vindeiros días espero poder contarvos mais detalles.

1 comentario:

Anónimo dijo...

GRACIAS POLA ACLARACION DO TEMA DOS BAÑOS.SAUDOS.MARIA