Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, octubre 05, 2007

gracias a Elena pola felicitación, pero eu entereime cando cheguei a casa e o lin nun xornal. Non sei si é boa idea ou non deixar psicomotricidade para os Venres , eu espero que si e con esa idea foi pero durante o curso verémolo, Perxudícalles un pouco que sexa na derradeira hora pois como saimos un chisco antes ( ás e cuarto) perden 15 minutos de tempo pero todo non podía ser, pois noutros modulos tamén hai inconvenientes.
O luns presentamos a Mai , que é unha bolboreta que, xunto cos seus amig@s, vainos a axudar a coñecer as vocais. Comezamos tamén cos libros e coas aventuras de Xico. Neste primeiro centro de interés imos falar e traballar a escola. Falamos das diferentes estancias que hai no colexio e o que se fai nel. Quedou pendente unha visita ó comedor e á dirección pois dadas as dimensións do colexio precisamos mais tempo do que tiñamos hoxe.
O Martes tivemos a primeira visita de Carmen Nemiña , que como vos comentei vai se-la compañeira que nos vai a apoiar durante o curso , ademais de da-la clase de Psicomotricidade. Estivemos co número un , pensaredes que sempre estamos comomesmo , pero se ben o coñecen caseque tod@s , moi pouquiños teñen collido o trazo correctamente , polotanto seguiremolo traballando con idea de avanzar neste aspecto. Logo do recreo tivemos video. De inicio vaise-los Martes cando o teñamos , pero non sempre pois o alternaremos coas fichas de plástica. Estiveron episodios de Caillou que eu non coñecía pero que estan moi ben pois son curtiños e aproveitables pedagóxicamente.
O Mércores houba novidades , coñecimos a Inés. E vos preguntaredes vos ¿quén é Inés?, pois si o queredes saber só llo tedes que preguntar a eles/as ( espero que o recorden). Contamos a súa historia , que son facía cando se espertaba pola mañán e con que lle gustaba soñar. Logo aprendemos unha canción moi curtiña que falaba do que nos ensinou Inés.
Logo de recreo estivemos vendo en asamblea un programa novo ( ainda seguen xogando co de Trampolín) que les gustou moito. Chámase Tuxpaint e é de balde. Con él se pode debuxar con moitos efectos , podese tamén colorear e facer composicións moi simpáticas , pois ten debuxos prediseñados. Hoxe só viron as posibilidades que ten. Nos vindeiros días comezaran a usalo e se hai algún debuxo salientable poñerémolo no blog.
Hoxe tiveron Inglés e Psicomotricidade pero como é nos derradeiros dous modulos de clase , non falei con eles e non sei que tal. O luns espero poder contarvos algo ou que volo conten eles/as na fin de semá.
Xa temos a nosa primeira foto de toda a clase. Ata o de agora por motivos médicos faltaba sempre alguén , pero dende o Mércores viñeron tod@s e xa temos "a foto de familia" . Espero poñervos mais nos vindeiros meses.
O Luns facemos unha saida, espero que o pasen moi ben e que lles guste a obra que imos ver. Aproveito para recordar que non podemos levar a ningún nen@ sen autorización, polo que sempre que fagamos unha saida non vos esquezades de ela. Neste momento faltan( Hugo e Alexandra) que espero acadar o Luns

3 comentarios:

Escola de caracois e tendal de calcetins dijo...

Moitos saúdos dende Aguiño. http://escoladecaracois.blogia.com/
http://tendaldecalcetins.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Hola,xa vexo que a seman da para facer moitas cousas.
Sobre o de cambiar a clase de psicomotrocidade para o venres,pareceme estupendo.
Quero darlle a benvida a Carmen Nemiña.
De repasar o número un,tamén me parece ben,pois así non o esquecen e tamén aprenden a facelos números millor e máis outras cousas que fixeron xa.
Quero dicir,que por moito que lle preguntei o meu fillo,sego sen saber quén é esa tal Inés.Tiven varias respostas,que era unha moza coma min,que non estaba na vosa clase,que non é ningún animal...Total,que cheguei a conclusión de que non recorda quén é,asíque,espero que no próximo comentario o digas,pois agora sí estou intrigada.
Vexo,tamén polas fotos,que comezaron coa letra i.
Estan moi guapos na foto de familia.Un saudo.

Anónimo dijo...

Jose, Abel esta semana tiene fiebre y hoy miércoles vamos al Belén a hacerle unas pruebas porque lleva varios días y no le da pasado. Las fotos muy bonitas. Un saludo.