Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, noviembre 23, 2007

Antes de nada darlle-las gracias a Belen polo seu comentario e polo seguimento que, ainda , fai de nos. Mandámoslle un biquiño dende aquí e que teña sorte para irse acercando a casa.Sobre os comentarios das compañeiras , Ana e Bea, só dicir que me parecería estupendo que os reis , ou quen fose, lles trouxesen a elas unha PDI. Estou seguro que dada o seu esforzo e traballo deseguida comezarían a "rendabilizar" ese "regalo". Eu non sei si os pais e nais dos meus alumn@s son ou non conscientes da sorte que temos por ter a pizarra na aula. Non é que faga milagres nin que teña maxia pero é un recurso excepcional e as posibilidades que ofrecen son infinitas pois só o día a día vai permitindo coñecelas. Para min vai ser bastante diferente o día que teña que voltar a dar clase sen ela, como tamén o será o día que non teña ordenadores na aula. Con esto non estou dicindo que as clases sen as Novas Tecnoloxías sexan piores , tan só que se perde recursos bastante importantes e que facilitan o ensino.
Cambio para temas menos serios e coméntovos que temos unha nova mascota na clase. Chegou o Venres pola mañán e trátase dunha "cobaya" de pelo longo. Foi regalo dunha amiga da nai de Victor e foi moi ben recibida. O primeiro era poñerlle nome ( mais tarde entereime de que xa o tiña) , Houbo sobre cinco ou seis propostas, primeiro con nomes de persoa como Claudia ou Estrella. Logo de comentarlles que pensaran que era coma un can ou un paxaro e non poñerlle nome de persoas. Entón sairon os nomes de Cala, Luna, Bambi, Willi, patatiña, Rasta e Piolín. Fixemos unha votación onde cadaquén tiña que dicir cal lle gustaba e saíu por pouca marxe : Piolín (cinco votos). Buscámoslle un sitio provisional e comentamos que estaba moi asustado polo que deberiamos de falar mais baixiño. As boas intencións duraron dous minutos pero alomenos de cando en vez baixaban un chisco a voz cando o recordabamos. Logo lemámosllo a un par de clases , para que o viran. Nos vindeiros días levarémosllo o resto para que poidan coñecelo. Ainda que é algo parecido ó hamster que había no pasillo , este vexe mais polo tamaño e porque fai mais vida diurna.
Do traballo salientar que se lles oides @s nen@s un nome raro como Leonanrdo Da Vinci que saibades que está semán estivemos falando dun cadro seu . En concreto " A dama do armiño". Aproveitamos a PDI para a traves de Internet ver outros cadros como "A mona Lisa" ou retratos de virxenes e tamén un un autoretrato a lapis. Tamén vimos varias fotos de armiños , pois loxicamente ningún sabía o que era. Logo Había que facer o noso propio cadro e para eso partiamos dun esbozo inicial dunha dama. Fixémolo primeiro na pizarra completandoa entre varios. Logo deixando ese modelo á vista , cada un/nha foi facendo o seu. Aquí quedavos un collage coa foto do cadro orixinal mais o que fixemos na PDI e un par dos millores exemplos individuais. Foi unha actividade moi completa.
Tamén traballamos Lingua e Matemáticas pero como é algo moi semellante o doutras veces ( seguimos coa u e cos números 1,2 e 3) pois non me extendo mais. So dicirvos que nos vindeirosa días vou poñervos outro video sobre como estivemos traballando coa letra u nunha aplicación chamada "La magia de las letras".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola,vexo que piolín foi recibido con moita ledicia, pois véselles na cara os nenos,alégrome,espero que disfruten moito del.
Agora,haberá que pedirlle os reis, que lle traian unhas texoiras e un peine,pois supoño, que perruqueiros non han de faltar.
Tamén coido,que xa imos ter quén nos faga algún cadro ben chuli, para a casa.
Un saúdiño para todos e para Belén.Mary

Bea dijo...

Vaya artistaz@s!!! eso sí que é arte, e non a obra que viña na editorial. jeje