Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, noviembre 15, 2007

Gracias pola colaboración oferatada por María , a verdade é que é de agradecer sempre calquer axuda, pois esta redunda n@s nen@s que son anosa preocupación. O tema do cuarto de baño é de dificil solución e calquera que se poidar pasaría por obras. Ben de facer un ou dous colexios mais, ben de facer varios baños mais ( en infantil millor dentro da aula). Mentres non se faga algo desto , estamos nas mans do azara. Por certo , Carmén contouche moi as cousas pois o neno que sangrou ( era doutra clase pero chocou cun da nosa que , por sorte, non sangrou)tiña as mangas moi manchadas , tiña bastante sangre xa que en vez de ir para a súa clase , voltou para o baño e , de non avisarme un neno , alí seguiría. Vos podedeslle dicir unha chea de veces que non corran polos pasillos ,como tamén llo dicimos nos , pero logo tómano coma un xogo e raro é que non remata correndo . Ademais pasa coma na estrada , un pode ir moi a modiño e con moito coidado , pero ven outro lanzado e nos da un golpe sen comelo nen bebelo. Logo desta parrafada aclaratoria , é bo que llo sigamos dicindo todos pois canto mais llo recordemos , algo mais sempre se fará.
Do tema que preguntaba María da auga ( fixoo noutro comentario) dicir que eu non levo o control ,dixéronme que o levaba a nai de Paula ( Mary) e que os que , habitualemente , viñan a buscar @s nen@s xa se encargaban entre eles. Nestes momentos teñen caseque duas caixas de seis botellas , pero ( María) se queres traer unha caixa, traina e que xa llo comentariá eu a nai de Paula.
Logo de aclarar as posibles dúbidas (está é unha razón das razóns de existir o blog) paso a comentarvos como levamos a semán. Luns moi tranquilo no que aproveitamos que fixeramos o Magosto o Venres para traballar a secuencialización dun Magosto dende que ían coller castañas ata que as comían. Os resultados xa os vichedes pois o levaron en forma de libriño o mesmo día.
O martes viñeron visitarnos xente de moi lonxe, en concreto de Italia. Profesores/as que participan no Proxecto Comenius. Querían ver como traballamos no cole e foron por diferentes aulas ( e de diferentes niveis). Segundo nos comentaron foron abraiados do manexo que tiñan da PDI na clase. Fixemos algúns xogos , que xa fixeramos antes unha vez, onde había que atopar as cinco diferencias entre dous debuxos ou tamén levar as cousas dunha casa para o cuarto correspondente. Tamén virons como traballabamos o trazo e algunha cousiña mais.
Fixemos logo unha ficha do libro onde había que buscar tres diferencias entre dous debuxos e foi sorprendente o ben que a fixeron , pois habitualmente custalles bastante .
Mércores non tivemos visita pero si coñecemos a un novo amigo , ten fama de ser moi intelixente e observador, os seus ollos son moi grandes, .... chámase Uxío e , se ainda non sabedes quen é preguntadelle @s nen@s.
Hoxe , ademais da ficha de Plástica , onde tiñan que pegar trociños de follas secas , recordamos o trazo do 2 , ademais de practicar na PDi as cantidades ata o 3. Logo de Relixión xogaron , agás alguns que tiñan traballo atrasado.
Deixovos unhas fotos que vos prometera. Son as do mural do Outono e as do froiteiro. Os dous foron feitos en colaboración coas clases do barco e do canciño Milú

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola,están moi chulos o mural do outono e o cestiño das froitas.
Tamén vexo que o pasaron moi ben na festa do magosto,están moi ben as fotos.
O caracol de Víctor chegou un pouco deteriorado,pero nada que non se poida arranxar con un pouco de cola.Está moi, moi lindo.A min tamén me parece incrible que fagan tantas cousiñas e tan ben, tan pequechos,(por suposto, con axuda).
Do tema dos baños,espero que non se fixeran moito dano eses nenos que comentades.
A verdade é que tiñan que buscar unha solución,pois é moi perigoso e ás escaleiras tamén.
Estou totalmente dacordo co que dí María,que se podemos axudarche dalgunha maneira,no lo digas.
Por suposto que os nenos ainda que llo digamos,non o van recordar,pero se todos lles insistimos,algo máis se lles vai acordar.Espero que se estas cousas non teñen moita solución agora,lle vaian buscando algunha para os vindeiros anos.Un saúdiño,Mary