Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, noviembre 05, 2007

Hai unha frase popular que di que " Ás veces xuntase a fame coas ganas de comer". Ben pois iso estame a pasar a min , pois ando moi escaso de tempo pero por riba xurdironme asuntos familiares e non puiden actualizar o blog como quixera. Tiña gardado
Antes de nada pedir perdón polo retraso pero nos derradeiros días o tempo libre é un ben escaso para min. Como xa tiña gardado un borrador do feito ata o Mércores , vou deixar esa parte como estaba elogo engado o do Xoves e Venres.Logo de catro días lacazeneando , tocaba a volver ó traballo e que millor para comezar que unha asamblea onde contar o que fixeron. Enterámonos que Susana fora a Asturias , a casa da avoa que esta moi maliña. Victor foi o campo de futbol co pai. Nico tamén estivo na casa dos avos pero en Arteixo. Outros víronse no parque coma Carmen e Ariadana. Por certo esta deradeira comentounos que fora a Pontedeume e a Ferrol e que montara no seu cabalo ( que é millor dito é unha egoa chamada Luna). Tamén alguén mencionou que tiña unha cadeliña chamada Luna. Falando dos cans houbo quen dixo que o seu tiña roupa sucia e zapatos para vestir ( coido que foi Celia) , Paula respostou que o dela tiña un chaleque.
Pasamos logo ave-los bits , onde descubrimos os planetas , era a primeira vez que os oiran e o único que lles quedou foi o da terra. Ademais aproveitamos para ver un globo terraqueo que varios dixeron que tamén tiñan na casa.
Comezamos un libro novo no que imos traballar a casa e os que nela viven. Hoxe estivemos vendo diferentes tipos de casas e os cuartos que hai nela. Como esto imos falalo mais veces , sería bo que soubesen se viven nunha casa de campo , nun edificio ( e en que andar -"piso"-), cantas habitacións ten a súa casa e quen vive nela. Se por casualidade tedes fotos de revistas ou xornais nos que se vexa un tipos de casas diferentes,( iglús, tipis , castelos, pazos, rañaceos, cabañas, chozas, jaimas, ...) e se poidan recortar, por favor, mandadeas.
Ó igual que fixeron os pais de Paula, os de José ou os de Ariadna , se tedes algo que vos pareza interesante para a clase non o dubidedes , mandadeo. Se é sobre o tema que estamos a traballar ( casa ou Outono ) millor , se non é tampouco pasa nada.
De parte de Irene gracias polo comentario. Como dixen @s nen@s son esponxas que absorben o que se lles arrima , ainda que sexa inglés ou chino. Teñen moita capoacidade de aprender e , en xeral , moito interese en aprender. Os problemas veñen cando hai que poñer eso no papel en forma de fichas, ben sexa coloreando , escribindo, picando , punteando, etc. . Estas actividades son necesarias para millorar a coordenación oculo-manual, ademais de para manter unha presión e unha prensión correcta dos útiles de traballo pero son rutinarias, cansinas e aburridas.
Este Martes si puido vir Carmen Nemiña , a profe de apoio, pois o derradeiro Martes tivo que ir sustituir a outra clase. Aproveitamos e remataron de pintar os caracois @s que faltaban. Como xa os levaron para casa xa podedes ver os resultados da nosa primeira "obra alfareira". Contamos ir pouco a pou aumentandoa. Probablemente houbo algún caracol que tivo algún accidente e non chegou eneteiro a casa , é normal , (sobre todo para os que van á gardería ou no autobus). Nese caso podédelo pegar con cola branca ou mandádesmoque eu me encargo.
Traballamos o recoñecemento do circulo , ademais do trazo. Decateime de que había alguén que ainda non o coñece , teremos que insistir algo mais , ainda que mais ben individualmente.
Logo de subir do patio estivemos facendo a Dona Castaña. Como vos contei , o Venres celebrámolo Magosto e por mor desto imos facer un pin ( "antes de vir os americanos chamábase unha insignia") coa cariña dunha castaña en plastilina. Hainas moi bonitas e moi ben feitas , outras non son tanto a inquietude da persoa provocou a mestura das diversas cores de plastilina que usamos. Podedes ver o resultado final na foto.
Hoxe estreamos unha nova aplicación (programa) chamado "La magia de las letras". Como supoñedes era buscar outra maneira de traballar coa letra i. É un programa moi visual e que lles gustou moito, pois tiña uns puzzles moi sinxelos que estiveron facendo. Ademais desto coñecemos mais palabras que comezan por i e que nunca oiran como: imperdible, impermeable, imán,iguana. A partires destas palabras houbo xogos de recoñecemento visual que, ainda sendo un chisco dificiles, fixeron entre tod@s. Quedanos unha ou duas sesións para traballar coa letra i pero eu penso que xa a recoñecen visualmente, o trazo fanno bastante ben ( cando é por enriba de puntos) e a discriminación auditiva tamén é boa ( sobre todo se é no inicio de palabra).
O Xoves non tivo nada especial , remataron a Dona Castaña os que faltaban , e fixemos un par de fichas do libro , onde estivemos traballando os coceptos longo-curto. Ademais tamén houbo Relixión.
O Venres era o dia da festa , da festa do Magosto. A min tocoume intentar que as castañas estivesen o millor asadas posibles. Xa é o terceiro ano que o fago e , a verdade, e que ainda non lle collín o punto , pero tendo en conta que pasa un ano entre unha e outra vez , tamén é doado esquecerse. Eles/as estiveron con Carmen Nemiña e o pasaron bastante ben segundo me contaron. Á hora do recreo baixaron e xa estaban as castañas ( algunhas un pouco cruas , pois como as boas comidas precisan tempo). Algúns mancharonse un chisco pero coido que son consecuencias da festa. Póñonvos un video coas fotos que fixen , non hai moitas pois ó ter que estar na "cociña" non podía sair dela e tampouco puiden facer moitas. Tiña un video pequecho pero non se ve ( espero amañalo). Se queredes ve-las fotos con mais calma picade na ligazón da esquerda Festa do Magosto.
video

1 comentario:

Anónimo dijo...

HOLA DE NOVO, XA VEXO QUE NA FESTA DO MAGOSTO PASASTELO MOI BEN,RESPECTO DOS TRABALLOS MANUAIS PARECE MENTIRA QUE SENDO TAN PEQUENOS FAGAN AS COUSAS TAN BEN, OU POLO MENOS PARECEMO A MIN, O CARACOL DE CARMEN CHEGOU A CASA SIN UN CORNO , POLO QUE AGORA CANDO QUENTE O SOL SOLO PODERA AMOSAR UN.POR OUTRA BANDA, CONTAME QUE SEGUEN INDO A BAÑO CORRENDO , QUE INCLUSO HOUBO SANGUE ESTOS DIAS XA QUE UN CATIVO MANCHOU O MANDILON TODO POLA MANGA(PALABRAS TEXTUAIS), EU DIGOLLE QUE NON CORRA POLOS PASILLOS SI VAI O SERVICIO,ELA CONTAME QUE NON VAI CORRENDO, A SABER.
ESTARIA BEN QUE SE HAI ALGUN PROBLEMA NO QUE OS PAIS PODAMOS AVISALOS CATIVOS PARA SALUCIONALO NO LO COMENTES, XA QUE COMO TEMOS ESTE MEDIO DE COMUNICACION QUE É O BLOG TAN MARAVILLOSO ENTRE TODOS INTENTARIAMOS AMINORAR OS CONFLICTOS QUE VAIN APARECENDO O LONGO DO CURSO. SAUDOS MARIA.