Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, noviembre 22, 2007

Vexo que houbo quen acertou a "adiviña" de Uxío. Efectivamente é un moucho que lle gusta moito mirar o que acontece polas noites ( e non vai o botellón :) ), ademais tamén lle gusta ler libros. Ten uns ollos moigrandes e fai.... uuuuu ( (que se non ía facer). Voltamos o Martes a traballar coa letra u e ver que palabras teñen u. ademais tamén practicamos o trazo, vimos que era moi parecido o da letra i. Na PDI estivemos facendo un xogo que xa fixeramos antes cos letra i e logo , de un/nha en un/nha, pasaron polo ordenador a facelo.
Esta semán celebrouse o Día Internacional d@nen@. Nos , na clase , adicámonos a comentar algúns dos dereitos d@s nen@s , estivemos falando se cumprían no seu caso e tod@s dixeron que sí. ¡Logo en Internet vimos fotos de diferentes casos de explotación infantil existentes no mundo, miraron que non tod@s viven igual de ben e que dereitos como a alimentación ou a educación non son respectados en moitos paises. Non sei o futuro que lles espera , pero sei que está nas nosas mans o evitar que esto suceda. Como traballo fixemos unha fichiña mais un "pin" de prohibido facer traballar @s nen@s. Por suposto comentamos que unha cousas é que @s nen@s non poden traballar coma adultos , e outra moi diferente é que non poidan axudar na casa ou facer cousas sinxelas autonomamente.
"Presentamos" o número tres , ainda que realmente non era unha novidade pois xa o ano pasado falaramos de él. Hai un ou dous que o confunden co dous , así coma tamén á hora de contar, se trabucan. O trazo sorprendeume pois saíu bastante "decente" tendo en conta a dificultade. Neste número o problema ben porque tenden a "deitalo".
Fai un tempo que fixen un video para que virades un exemplo de como usabamos a PDI. Nel estamos a traballar coa letra I ( o programa é o que vos falei antes que fixemos esta semán coa letraU). Como vedes disfrutan bastante pois é moi doado e moi motivador. No video non sei se saen tod@s , pois xa fai algún tempo e quizais ese día faltaban ou quizais eu cando gravei esquecin algún. Se é así perdoade , espero que en vindeiras gravacións @s poidades ver.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola, estou moi ABRAIADA do ben que recoñecen todos a letra i, este programa está fenomenal.
É incrible o ben que o fan todos.
Moitas gracias, por darnos o privilexio de poder velos.Un saúdo, Mary.

Anónimo dijo...

¡Hola, boas!.
Son o pai de Víctor. Xa facía moito que non participaba no blog.
¡¡¡¡QUÉ MARAVILLA!!!!. Que mágoa que cando eu estudiei non houbera PDI´s desas. ¡Canto ía aforrar miña nai en lápices e bolis!.
Xosé Carlos, agora non se che ocurra mandarlles escribir 100 veces iso de "non se pode falar na clase" porque con copiar e pegar acaban de contado.
A verdade é que coas novas tecnoloxías os rapaces aprenden mellor e de millor gana. É un privilexio ter estes avances. Non todos poden decir o mesmo.
Bueno, bromas aparte, vexo que salvo polos pequenos "incidentes" do baño e as carreiras polo pasillo, os nenos parece que se adaptaron ben á primeira planta. Espero que se hai algún pai de nenos de 3 anos que lea este blog tome nota e poñan as medidas necesarias para que o ano que ven non lle pase ós seus fillos o mesmo. A verdade é que é un perigo para nenos tan pequenos subir e baixar tantas veces esas escaleiras.
Polo resto, vexo que cada día os nenos saben mais cousas e saben aplicalas mellor na vida real. ¡Seguide así! Un saúdo para todos.

Bea dijo...

Eu tamén quero unha PDI para a miña clase!!! Vou escribirlle a carta a Melchor (que é o que máis me gusta dende sempre, debe ser pola barba branca)e a ver se hai sorte, aínda que penso que non!!! bueno, mellor dito, vou escribille ós tres reis que así hai máis posiblidades :) :)

Anónimo dijo...

Hola, son Belén a profe que estivo substituindo a Tatiana o ano pasado!
Ainda que ando un pouco lonxe (estou dando clase en Sanxenxo), acordome de vos e sempre que teño oportunidade miro o blog, que me encanta.
Da gusto ver canto traballades, seguide asi!!
Un biquiño para todos os nenos e profes!!

ANA dijo...

Pero que chuladas fan os meus compis de adosado!!!!!!!
Nós tamén queremos poder facer esas cousas, bueno, primeiro debería a profe aprender a facelas...
Bea, pide unha para mí nesa carta!!
Un saúdiño para todos, en especial para a profe Belén que hai moito tempo que xa non sabiamos dela!!
Belén pásate polo noso blog, xa verás o maiores que estamos!!