Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, diciembre 27, 2007

O derradeiro video que me quedaba é outra presentación de fotos. Neste caso o tema foi a elaboración da tarta para a festa de Nadal. O ano pasado fixeramos unha tarta con sobaose Nocilla, pero este ano quixemos variar e "innovar" e probamos a facer unha con "xelatina" , iogures e anacos de froita. Quentámola auga no mirondas, logo botámoslle a "xelatina" de pessego, despois esto mesturámolo cos iougures cremosos de froitas variadas ata facer unha especie de batido. Para rematar botamos froitas que eles/as picaran antes ( pessego, platano, mazá e pera). O resultado non non foi todo o bo que quixeramos pois o desmoldala desfixose un pouco, ademais levaba bastante froita e eso non lle gusta a todo o mundo. Probáronna tod@s agás Aarón , que tamén andaba , ainda un pouco malo da saude.





Antes de rematar este post PEDIR PERDÓN , por non aclarara o tema das notas. Este curso o boletín é diferente: vai en tamaño folio, leva a Xico ( disfrazado de Mago) na portada, non hai que firmalo nin devolvelo. Foi unha decisión de todo o ciclo de E. Infantil pois nos parecía mais adaptado ó metodop co que traballamos. Perdoade que non vos avisase. Tamén aproveito9 e recordo que a carpeta non hai que devolvela pois é a do 1º Trimestre e agora comezaremos coa do 2º.

2 comentarios:

MARY dijo...

!Bueno, bueno, menudos cociñeiros que temos e nós, sin saber nada!,xa nos podían facer estas delicias na casa, (seguro,non ía faltar quén as comera).
Están PRECIOSOS os videos e ás fotos e eles vense moi ledos, sobre todo, cortando as froitas e entregandolle as cartas ó carteiro.Un saudiño

ANA dijo...

Ola a todas a ras!!!
Espero que desfrutedes destas festas e dos días de vacacións para voltar coas pilas ben cargadas, que de seguro que o voso profe fará o mesmo para coller o segundo trimestre con moitas ganas.
Ah! e xa sabedes a portarse ben que os Reis están a chegar...
Moitos biquiños para todos!!!