Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, diciembre 12, 2007

A semán pasada preguntáronme se seriamos capaces de facer unha tarxeta de felicitación do Nadal. Algo feito pol@s nen@s. Parecíume unha moi boa idea pois vistas as posibilidades da PDI e o ben que se desenvolvían con ela , se podían facer cousas moi bonitas. O problema era o tempo , pois había que tela feita para o Venres (ese día eu so teño ata o recreo con eles , pois logo teñen Ingles e Psicomotricidade). Adícamonos nas primeiras horas a facela , buscando sempre que colaborasen tod@s ( @s que estaban ese día) de algunha maneira, xa fora facendo unha raia, un punto ou unha cara. Dada a premura do tempo non comentamos a idea de como ía ser, esta partíu de min. O ideal sería que saira da clase pero esto tería que facerse con calma e non se podía. O que íamos a intentar facer era unha árbore con dous nen@s de diferente raza ós lados e ,logo mensaxes de paz en diferentes idiomas. Fixen fotos do proceso , pero non todas as que quería pois non sempre podía. De tódolos xeitos podedes ver mais ou menos a elaboración. O mais complexo foi debuxa-la árbore, as figuras e colorealas, pois os adornos eran sinxelos puntos grosos de cores diferentes. O resultado final verédelo dentro dalgúns días pois primeiro quería que o visen na Fundación Amancio Ortega ( foi que nolo pedíu).Esta semán seguimos con ese ritmo acelerado que vos comentaba no anterior post. O traballo dos libros , xunto coa ambientación da aula e a plástica fan de apenas poidamos repousar ou xogar. O Luns estiveron pintando o que fixeran coa pasta de modelar, só puideron facelo seis nen@s , esperemos seguirnestes días. Temos en mente intentar facer algo mais coa pasta pero non sei se poderemos.
O Martes tivemos excursión, non é este o millor momento para sair ( pola climatoloxía e a escasez de tempo de clase) pero a saida era moi cautivadora. Íamos a ir a fabrica de patacas fritidas de "Bonilla a la vista". Eu fixen esta visita moitas veces con outros grupos e recoméndolla ós outros colexios que a fagan , se poden. Vese moi ben todo o proceso dende que chega a pataca crua , ata que sae nas bolsas. Explícanllo moi ben e ademais , ó final, poden probar a calidade do producto , que é boisima. Por enriba a nos quedanos a 5oo mts. do cole , ainda que fomos en Bus pois é un pouco perigosos ir andando polas obras que hai nas beiraruas. Póñovos algunhas fotos do inicia da viaxe e do final. Do interior teño un video que montarei en canto poida.
Tamén comentarvos que Martín trouxo un poster despregable do corpo humán. Fai algún tempo que nos bits levamos falado de diferentes partes do corpo , que non son habituais nestas idades , pero que a eles lles quedaron moi ben ( larinxe, cerebro, corazón, intestino groso, etc). Por este motivo Martín quixo colaborar co seu poster. Estivemos falando das partes que xa coñeciamos e , miramos algunhas outras mais referidas os osos do corpo ( pois a imaxe e mais dun esquelete). Gracias de novo pola colaboración. Son moi importantes este tipo de axudas pois @ nen@ ven todo contento e @s demais están mais interesad@s se o trouxo alguén da clase.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola a todos! Son o pai de Víctor.

Acabo de ver agora mesmo o video do I Festival da canción e estiveron todos moi ben, pero creo que van a ter que esforzarse un pouquiño para ir a "Operación Triunfo". Se non saen cantantes polo menos a ver se sae algún médico ou enxeñeiro (ou un Fernando Alonso, tamén valería).

Bromas aparte, parece que se animan pronto e se apuntan sin problema á festa. ¡Non todo vai ser traballar!.
Comentar que a visita a Bonilla foi proveitosa. Na casa xa sabemos como hai que facer as patacas fritidas. Agora só nos falta a maquinaria, porque na casa temos un "experto" que coñece os pasos todos.
Outra visita que tamén lles podería ser proveitosa sería á Leyma. Eu tamén fun cando estaba na escola e explicáronnos todo o proceso, tanto do leite como dos iogures e o requeixo.
Xa sei que non sempre van a estar de excursión, pero hai algunha que sí que é moi educativa.

Aproveito para felicitarvos as festas a todos/as @s pais e profes dos nosos fillos.
Bo Nadal e Feliz Aninovo.

MARY dijo...

Ola,estan simpatíquisimos todos cantando no video.Coido,que ides ter que facer unha clase especial, para que perdan a vergoña e se animen todos.
O de Bonilla,parece que foi todo un éxito,vense todos moi ledos,ademáis de aprender como se fan,(pois algún, xa nos quere dar clases na casa de como se fan as patacas fritidas),imos ter que ir as mamás a Bonilla tamén .Un saudiño

Maruxa dijo...

Ola son Maruxa, da clase dos Globos. Me gusta todo y me gustó como fuísteis a Bonilla.

Anónimo dijo...

Hola son Susy estiven vendo os videos e as fotos da cobaia. Aledome moito de que este en tan boas mans, espero que a coidedes moito e lle deades moitos mimiños ainda que xa se ve nas fotos que llos dades.a ti darche as gracias por seguir facendo este traballo tan bonito. Se non teño ocasion de voltar a escribir desexovos felices festas a ti e os nenos. Un biquiño e ata outra.Ah e pa proxima escribo en castelan que o galego non é o meu forte

Anónimo dijo...

BOAS TARDES, ANTES DE NADA BO NADAL A TODOS E FELIZ ANO NOVO.
ESPERO QUE OS NENOS QUE ESTAN ENFERMOS SE POÑAN BEN MOI PRONTO, POR OUTRA BANDA OS REIS MAGOS QUE FIXESTES ESTAN DE PRIMERA.MARIA