Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, enero 19, 2007






Antonte, coma caseque tódolos Xoves ,non houbo grandes novidades pois tivemos Relixión a primeira hora e video despois do recreo. No medio fixeron prelectura de pictogramas , presentando un novo: ulir.
Despois de ler, coma outras veces, frases sinxelas (tres pictogramas) probei coa lectura dunha frase composta (con cinco pictogramas, por ex.: O esquío ve unha seta e come unha castaña). Tan só duas foron capaces leelas pero ,tendo en conta que era a primeira vez, tampouco esta mal. Nos vindeiros días voltaremos a repetila esperiencia e seguro que serán mais.

Onte , logo de vir de Psicomotricidade con Belén, presentamos a forma cadrada , en contraposición co circulo que roda e non ten esquinas, esta si ten. a maioría xa a coñecían. Ainda así fixemos unha actividade de rodeala no encerado, diferenciándoa do circulo. houbo só un erro , que coido foi por pouca atención.
Como vos comentei no derradeiro "post" fixen un programiña para recoñecemento do nome.Esta feito cunha ferramenta que se chama Clic e como poñer tódolos nomes xuntos sería moi dificil para eles/as , fixen grupos de catro nen@s onde eles traballan co seu nome (e co d@s outr@s tres). Na páxina web estan postos as seis aplicacións (e mailas instruccións para que funcionen, que son sinxeliñas). O lado9 de cada grupo esta posto que nen@s son @s de ese grupo para que descarguedes o que queirades. Mais adiante irei engadindo mais actividades e mais dificiles.
Se queredes ir á páxina web picade aquí .
Na marxe esquerda tamén hai un enlace coa miña páxina web, coa do colexio e co Proxecto Ponte dos Brozos.
Sobre o comentario feito no anterior "post" quixera comentar que ainda que este blog o fago eu porque quero, realmente me gustaría que colaborarades o mais posible. Xa sei que moit@s non tedes conexión a Internet na casa, pero hai xente que a ten no traballo ( sempre e cando lle deixen no traballo), ou que a ten algún familiar. O Blog estaría mais vivo cos vosos comentarios , ver que non escribo eu só en plan maxistral, a fin de contas este blog vai sobre a educación dos vos@s fill@s.
Podedes dar opinións sobre o que escribo ou sobre outros temas que queirades que fale. Comentar ideas de cousas que vos gustaría que fixeran na clase ou que non fixeran. Esto busca unha comunicación , que non ten que ser unidireccional. Hai veces que poño cousas que teñen erros ( coma no derradeiro "post" coa poesía) que si non me decides nada eu non me entero.
Podedes estar tranquilos pois os comentarios, casi todos son anónimos, ( só os de Mary, levan nome). Eu intento duas veces a semán poñer algo no blog , pero sabendo que hai alguén que esta doutro lado anímome mais. Dicídeme temas dos que queirades falar e escribirei sobre eles.
Volvo a intentar poñe-lo son da poesía que comentei o Mércores


powered by ODEO

lunes, enero 15, 2007

Aprendemos unha nova poesía que dí así:
Tengo una pelota
que bota y rebota.
¡Que bonita es!
Tírala otra vez.
Para que poidades escoitar que ben recitamos póñovos aquí debaixo o podcast



powered by ODEO


Ademais fixemos a asamblea no comezo da clase, nela @s nen@s contan algunha das novidades que poidan ter da fin de semán. Asi nela enterámonos que As nenas se pintaban para estar "guapas e mais modernas" ,(segundo nos comentou Ariadna). A verdade que un razoamento moi curiosa pero que amosa un pequeno detalle de cal é a percepción infantil de cousas que para os adultos son naturales.
Onte tivemos unha visita pois como sabedes somos un "cole especial" pois a participación no Proxecto Ponte dos Brozos permítenos dispor duns recursos dos que careceriamos, ademais de facilitarnos preparación @s mestres/as. Esto supón que haxa moita xente interesada en coñecer o funcionamento da escola por dentro, o que conleva visitas de educadores/as. Neste caso visitáronnos futur@s profes, pois eran alumn@s da escola de Maxisterio de Ourense. Visitaron oito clases(unha delas a nosa) marcharon moi sorprendidos das cousas que viron. Na nosa clase estaban observaron un programiña que fixen para o recoñecemento dos nomes. Consta de pequenas aplicacións ( en cada unha estan catro nen@s) onde eles/as teñen que facer unh puzzle coa sua foto, logo buscar as catro parellas de fotos iguais que estan agochadas, a continuación relacionar o nome coa foto correspondente(o nome escoitase), e ó final relacionar o nome escrito (reforzado auditivamente) coa foto. En canto poida intentarei poñelos á disposición d@s que que teñan ordenador na súa casa ou na de algún familiar.
Ademais tamén presentamos o número dous , coa súa canción correspondente.
Hoxe andivemos tocando un tema moi importante como é o de compartir. Tod@s lles dicimos que teñen que compartir, que deben empresta-las cousas pero logo eso custalles un pouco. Contamos un p0ar de contiños e que daron teoricamente convencid@s pero logo na práctica , xa veremos.
Tamén falamos algo do Invern o e da roupa que usamos pero moi superficialmente pois nos vindeiros día voltaremos a falar delo.

domingo, enero 14, 2007

Este Xoves estivemos repasando os dous pictogramas traballados ata o de agora (ler e comer).Ninguén os esquecía. Logo do recreo estivemos vendo algúns capítulos de Teo. Gustáronnle moito pois son curtiños e con argumentos sinxelos.
O Venres sucedíu algo que facía tempo que non pasaba , NON FALTABA NINGUÉN, estabamos tod@s. Aproveitei a ocasión para facer unha foto no patio pois é difícil que non falte laguen.
Ademais de felicitarnos pola asistencia completa estiveron traballando co número un. Coloreando as cousas que eran unha soa e facendo a grafía do un por enriza dos puntos.
O outro día falando co coordenador do Proxecto Ponte dos Brozos sobre a posibilidade de modificar a miña páxina web nas vacacións para poñe-las fotos de Reis(algo que non poido facer por motivos técnicos), comentoume que había unha páxina web (chámase Picasa web) na que se podían “subi-las fotos” par que asi os/ as pais/nais que quixeran podían velas e descargalas sen depender da web e con millor calidade. Estou comprobando esto e, no caso que sexa posible, poñerei alí as fotos que faga cada semán para que as poidades “baixar”. Xa vos irei informando. De tódolos xeitos non esquezades que cando remate o curso cada nen@ levará un Cd con tódalas fotos feitas durante curso (e os videos)