Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, febrero 10, 2007

Este Xoves tivemos visita dentro da clase pois dentro da avaliación do Proxecto Ponte dos Brozos está a observación directa do que acontece na aula. Durante o tempo de observación,unha hora, que estivo Nuria @s nen@s comportáronse moi ben. Hai veces que a presencia de alguén alleo á aula altera un pouco, ou un moito, a conducta dos rapaces/as.
Traballamos cos pictogramas ( coma tódolos Xoves) e coñecemos un novo que é pintar. Mentres facían a ficha ían por parellasós ordenadores para trabbalar co programa dde Clic de recoñecemento dos nomes ( recordo que está a vosa disposición na miña páxina web, ver ligazón desta na marxe esquerda do blog).
Onte comezamos a falar dos oficios. Así enterámonos que hai papas/mamas que traballan de mecanicos, outros facendo casas, cosendo, en Carrefour, en ProGando, facendo a comida, outros na Coruña, .... mailto:.Tod@s contaron algo , ainda que , loxicamente, algúns/nhas se explican millor que outr@s. Despois fallamos un pouco da profesión de doutor/a , que facían e que usaban. Cada día intentarei que comentemos unha nova.
Rematamos tamén un antifaz de indio que comezaran a facer o Mercores. O resultado podédelo ver nas fotos. A semán que ven faremos unha careta de paiaso ademais de pinta-la cara algunha vez.

miércoles, febrero 07, 2007




Comezamos un libro novo e nel imos tratar o tema dos oficios. Por este motivo sería bo que lle comentarades @s nen@s en que traballades (@s que teñen a sorte de ter traballo) pois imos facer unha "xuntanza xeral e imos ir falando do traballo da familia. Todo o que lle poidades contar do voso traballo (o nome das ferramentas que usades, cal é o obsectivo do voso traballo, si é cerca ou lonxe, si tedes uniforme ou non, etc ) millor pois mais nos contará a nos. de tódolos xeitos hai profesiones das que imos falar, ainda que ninguén coñecido traballe nela. Ademais veremos as ferramentas mais coñecidas que usa e por suposto pregunytareilles de que queren traballar eles/as ( si queren traballar).
O Luns comezamos por comenta-la l-amina inicial na que ven un doutor e algunhas das ferramentas ( que por desgracia coñecen ), logo estivemos facendo a primeira parte dunha ficha que consiste nun gorro de Inverno no que hai que repasa-los trazos horizontal, vertical e o circulo superior.Coma sempre primeiro co lapis elogo, si estaba ben, con rotulador. Deulles bastante traballo pois había moito trazo. A recompensa foi xogo libre logo do recreo.
Por certo que no recreo notouse a chegada do Antroido pois a "profe" Lidia trouxo un par de caixas de maquillaxe e deixoullas no patio. Pintáronse ( e nunca millor dita) como quixeron , pero notouse que non había espello no que mirarse moito. Estaban moi simpáticas. Aproveito para comentar que , ainda que vou mandar unha nota explicandoo, para a semán que ven voulles pintar eu a cara ( só @s que queiran). pondreinos de indios ou pallasos , ou fareilles unhas flores, luas ou corazóns. Si alguén ten problemas de alerxia ou doutro tipo , avisádeme.
Onte Martes comezaron a colaborar no seu disfraz. Como sabedes é de cociñeir@s e a súa aportación consiste en pintar co pincel un peixe que levan nun bolsillo inferior do mandil, tamén pintar un garfo e unha espumadeira que hai no bolsillo superior, e o que mais lles cansou foi pintar uns tomates e uns pementos pequenos que arrodeanaban estes debuxos. A algun/nha axudeille eu un pouco pois polo cansazo non o facía tan ben como saben.
Hoxe traballamos cos números 1 e 2 no ordenador , probando unha actividade de Clic feita por outros mestres. Só probaron un pouco cada un/nha pois tamén aparecía o 3 e prefiro esperar ós vindeiros días. Logo do recreo pintamos o noso primeiro antifaz , co idea de levalo mañan.