Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, febrero 14, 2007

Sobre o comentario de Isabel (a compañeira de Vilagarcía) direi que a miña opinión ó respecto é moi clara: Coido que funcionamos como gardería. Non importa si é ou non pedagóxico o periodo de adaptación, só importa que nos poidamos "gardar" @s nen@s o maior número de horas posibles e o antes posible. Alguén que pense un pouco e non teña intereses que imaxine un nen@ con dous anos e nove meses (eu tiña oito cando comezou o curso). Leva todo o tempo pegado´a súa familia, de súpeto ten que irse a un sitio que non coñece, queda cun extran@ e rodeado de mais extran@s pequen@s. Está alí duas horas , á semán ou dez días queda catro horas e á semán xa queda cinco horas. Supoño que pensará que calquer día queda alí. Polo outro lado esta @ mestre/a , que pode ter ata 25 nen@s , no primeir o día entran seis duas horas, chora un ou dous, no segundo xa son doce e chora dous ou tres, logo no terceiro xa son 18 e si consiguiches calmar os doce primeiros , en canto ven chorar @s nov@s tamén choran. Total qué imposible calmar a ninguén , non tes mans para agarrar a tod@s, tes que pechar con chave a porta para que ninguén se escape nun despiste ( mentres algún esta vendo que ti pechas con chave e pensando que vai pasar aquí). Pois todo esto imaxinádeo e multiplicadeo por dous ou tres. ¿esto é buscar o millor para os cativos ou o millor para os adultos?.
Eu fun fai tempo a un cursiño de tres días de adaptación e nel falabase de que @s nen@s visitaran a escola antes de entrar nela, que estiveran un tempiño antes de matricularse, que logo fora unha adaptación paulatina, con criterios pedagóxicos, e non laborales. Grupos pequenos, durante dous tres días, logo ir ampliandoos pero lentamente. Despois de de tres semáns aumentar a tres horas e logo dun mes a catro horas. Quedando só catro horas ata Xaneiro.
Entendendo , por suposto, que o horario de permanencia do profesorado sería o mesmo que o do resto de Primaria. Ese horario sen nen@s permitiría ter mais contacto cos pais , mais flexibilidade para adaptación e unha millor preparación das clases.
Acabo de ler o comentario do pai de Abel e a verdade que me sorprende moitisimo. Non sei si hai alguén mais que pensa que eu "elixo por simpatía ou castigo por antipatía" a algún nen@, ou a algún pai/nai. Eu sei que @s vos@s fill@s son unic@s para vos pero para min son un mais dos 23 que teño, e un mais dos moitos que tiven no meu traballo. Sempre intentei se-lo mais obsectivo posible, tanto facendo fotos , como publicándoas. O que está claro é que esto non é unha tarta que se poida cortar en partes iguais. Intento que aparezan tod@s pero hai nen@s que veñen mais á escola, hai fotos millores unhas que outras, a maior parte das veces eu adícolle o blog o momentiño que teño libre ( do meu tempo familiar) e este non me permite poñerme a buscar quen saíu e quen non saíu, só busco a foto que me parece mais axeitada ou mais representativa. Dende logo nunca pensaría que hai alguén que poida pensar que eu "castigo" a alguén con non aparecer no blog ( non creo que Abel saiba si aparece ou no blog).
A pesares deste meu comentario gústame sabe-la vosa opinión, pois serve para explicar cousas que eu creía estaban claras
Estamos nestes días traballando a posibilidade de que tódol@s nen@s deixen o mandilón na clase durante a semán. Hai algúns/nhas que tiñan ganas de deixalo e foi só insistir un pouco, outr@s non estan pola laboura e haberá que " forzal@s " un pouquiño pois pola comodidade de non pelexar, prefiren deixalo. Despois do Antroido deixarano todos e tocará adicarlle un pouco tempo a abotoarse e desabotoarse, a tirar polas mangas antes de quitalo, ....Se vira que algun/nha segue sen amosar interese por aprender falaría cos pais.
Mantemos o traballo de repaso co un e o dous. Ainda que pensaredes que xa o deberían de coñecer tod@s , non é así. Hai unha grande maioría que si, pero sempre hai que se distrae e dalle o mesmo un que outro. Aproveitamos para recorda-lo grafía , repasando trazo (sempre sobre raias non libre). Como no resto das cousas vese o avance cada semán. Hai mais dominio manual do trazo, menos casazo da man, mais presión. Falando desto algo que pouco a pouco haberá que ir mirando é a correcta prensión, pois pouquiñ@s collen ben a pintura, lapis ou rotulador.
Tamén estivemos recordando como era un cadrado. Hoxe non só tiñan que recoñecelo visualmente , senón tamén tactilmente. A actividade consistía en que en grupos de tres e cos ollos pechados tiñan que buscar un cadrado no medio de circulos e triangulos. Estas actividades danlle algo de medo a algún/nha, pois tapar os ollos non lles gusta (houbo un que non quixo). Logo repasamo-lo trazo no encerado , seguindo o enderezo correcto e facendo fincape nas esquinas.
Para ambenta-la chegada do Antroido hoxe tocou pinta-la cara na clase. Era voluntario pero só quedaron tres ou catro sen maquillar. Había a posibilidade de poñerse na cara luas, soles , flores, pintarse de pallaso, pirata, mosqueteiro, bolboreta, .... como vedes nas fotos (puxenvos moitas para que @s virades a tod@s).
Mañán , se temos tem po voltaremos a facelo pois lles gusta moito. Tamén esiveron pitando co pincel unha carauta de galo ( so lle deu tempo a oito).

No vindeiro post( que será nas vacacións , que rematan o Mércores 20) espero poñervos imaxes dos disfraces