Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, febrero 19, 2007

Si queredes ve-las fotos do antroido online( e outras mais) picade no seguinte ligazón
http://picasaweb.google.com/jccasales
Para dar por pechado os comentarios sobre as fotos do blog só algunhas puntualizacións:
• Esto é un blog do que acontece na clase , non un album de fotos. As fotos só serven para complementa-la información e facela mais atractiva e amena. Como alguen comentou o importante é o que fan na clase, non por non sair na foto deixaron de traballar.
• Eu podo facer unha media de 15-20 fotos semanais pero só publico 5 ou 6. Si alguen está interesado no resto, eu fareille unha copia. Cando remate o curso eu dareille a cada nen@ un Cd con tódalas fotos.
• Gustariame recibir comentarios “criticos” sobre o que facemos na clase, pero comentarios colectivos sobre educación, non comentarios de tipo particular. Si alguén quixera facer algún ten o meu enderezo electrónico , ou os Martes polas tardes para dicirmo.
• Teñen razón os comentarios que quizais non tiña que darlle tanta importancia o comentario pero que fago no seguinte post, si poño unha foto de Abel, pensariades que o que non chora non mama, si non a poño, que estou enfadado. Eu coido que as cousas sempre é millor aclaralalas.
• Que , por favor , recordedes que na clase hai 23 , que para mín son iguales, ainda que para vos non o sexan.
• Por último, perdón si molestei a algunha persoa cos meus comentarios .

Falando xa do Antroido comentar que o Venres foi un día de tolos. Para min é o pior día do curso. Por moi doado que sexa o disfraz, por moi ben que se porten @s nen@s ( que o fixeron estupendamente) é moi complicado vestilos , intentar que non se movan (para non romper os disfraces) , pintalos, orgaizar a festa etc. …. Ademais eles/as estan mais alterados.
A pesares das miñas verbas, todo estivo ben, non houbo nada que lamentar (só o mal tempo que non nos axudou na hora do lecer), comeron os doces , bailaron, se disfrazaron e fixemos fotos. En vez de poñelas todas no blog , póñovos unha de todo o grupo e un video-montaxe co resto das outras ( agradezo á nai de Victor que me deu a coñecer o programa para facer este tipo de montaxes). Se queredes ve-lo video con mais calidade descargadeo da miña páxina web (son 13 Mb. ) a pártires da semán que ven. En cando poida vou poñer un enlace a unha páxina onde podedes ve-las fotos con mais calidade.