Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, febrero 28, 2007

Comezamo-la semán con algo que non fixeramos ata o de agora. As series. Fixémolas con botóns de cores, logo cos seus corpos (neno-nena-neno-nena), e no encerado. En xeral bastante ben ainda que logo nas fichas houbo erros pero hai que ter en conta que era a primeira vez.
Xogaron logo do recreo cos xogos de construcción. Gustalles , se ben hai algun/nha que o que mais lle gusta e tirar tódalas pezas no chan , mais non hai problema pois logo recollen bastante ben separando as pezas diferentes (aprenden a clasificar pola forma).
Voltamos onte a traballar co un e o dous. Pensaredes que é imposible que non os coñezan xa tod@s, pois ainda hai quen non. Ademais unhas veces traballamo-la grafía, direccionalidade; outras veces a cantidade , relacionando o número coa súa cantidade e outras o seu recoñecement o visual ( que saiban cal é cada un). Unha anecdota que contarvos é que cando lle preguntei as algún/nha nen@ que número era tal o cual, a resposta era o soldado ou o pato ( Cando presentamos o 1 ,aprenderon unha canción que o identificaba con un soldado; e o dous cun pato), é dicir non sabían que número era pero sabían con que debuxo se identificaba.Hoxe traballamos o recoñecemento visual no encerado e na ficha (tiñan que repasar de azul o un e de vermello o dous).
Tamén hoxe Ariadna nos contou a boa nova de que tiña un irmán , que se chamaba Alejandro, que era moi pequeno e tiña o pelo curto.
Hoxe contamos o conto de Garavanciño, aprenderon unha vella canción : "Pachin, pachín, pachán a Garbancito no piseis, ...". Logo Fixeron unha ficha onde tiñan que recoñece-las cousas de Garavanciño (eran as pequenas). Aproveitando que no libro de fichas íamos falar das "maracas", estivemos traballando a discriminación auditiva entre maracas e pandeireta. Fixemos un par de maracas con botes e arroz ou pasta e tiñan que diferencia-los sons.
Logo de merendar fomos para o ordenador onde , en gran grupo, miramos unha actividade de Clic( Clic é unha chamada ferramenta de autor, que lle permite ó usuario facer actividades diferentes adaptadas os seus desexos, hai moitas feitas por profesorado de toda España. A actividade cos sdeus nomes que vos comentei fai tempo está feita con Clic). A actividade era sobre as cores que levamos traballadas( azul, vermello e amarelo). Non lles gusta tanto com o os xogos comerciales pero son interesantes dende o punto de vista educativo.

domingo, febrero 25, 2007


Destes dous días non hai moito o Xoves tivemos Relixión e video, mentres o Venres Psicomotricidade. Adicámolos a repasar os números e presentamos o pictograma de oir.
o xoves fixemos unha charla de grupo comentando as vacacións.
Comentaron os algúns dos disfraces que vestiran, como por exemplo: Crocodilo, pirata, pirata do Caribe, galiña, Carapuchiña Vermella, princesa, india, oso piloto?, bambola?, bruxa, Peter Pan, león, pingüino, e pos suposto cociñeiro.
Eiqui vanvos un par de fotos xogando logo do recreo