Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, abril 21, 2007

Este é o comentario que debín publicar o Sabado 21 e , por un erro gardei como borrador. Ahí vos vai pois xa o tiña escrito.
Nestes dous días tivemos un par de visitas.O Xoves estivo connosco Elissette ( coido que se escribe así) que pertence á Fundación Blanquerna. Viña para observar o desnrolo da clase , de cara a facer unha avaliación Proxecto Ponte dos Brozos. Xa viñeran outras duas veces mais. Marchou "sorprendida gratamente" pola traballo d@s nen@s(só estivo unha hora). O que fixeron foi rematar a ficha que iniciaramos o Mércores de ordenación temporal das secuencias de prantar.Antes estivemos facendo no ordenador secuencias en grupo grande primeiro (o sexa tod@s xunt@s) e logo por parellas.
Cristina, unha alumna en prácticas de maxisterio, estivo o Venres. Foi con Tatiana a Psicomotricidade e logo estivo na aula ata o recreo. Estivo traballando en parellas cos/as nen@s que non remataran a bolboreta que vos comentei en anteriores "posts". Non hai moito mais que comentar deste par de días pois como sabedes ademais temos video e os Venres , logo do recreo xogan cos xoguetes.
Deixovos un par de sons que gravamos onte. No primeiro é a canción de " El cocherito Leré", que cantan Alitos, Sandra e Celia ( eu axudo nalgún momento , perdoade a miña voz, xa sei que non podo ir a OT). O segundo é a canción do número tres que vos comentei no "post" anterior. Cantana Paula e Andrea

miércoles, abril 18, 2007

Levamos uns días moi "matemáticos pois o Luns estivemos repasando os números un e dous xa que o Martes íamos estar de estreno, presentabamos un novo número. O tres. Para que na casa tamén o souberan picaron o número na fiche e levaronno para casa. Deulles moito traballo pois ademais de picalo ( ainda era un chisco grande) tamén o pintaron, xunto con tres flores que había na ficha. Antes de esto estuvemos contando ata tres con palmadas, golpes na mesa, e dedos. Logo aprenderon a canción que fai referencia a súa forma e que dí: O tres eun verme que come unha mazá, o tres é un verme que saíu a pasear ( intentarei poñer no blog a canción cantada por alguén, esta semán. Logo tiñan que ir interiorizando a súa forma e para eso estuveronno "pisando" no chan, e logo o repasaron no encerado. Ainda antes de face-la ficha traballaron o trazo no ordenador de xeito individual.
Despois do recreo xogaron agás algúns que estan rematando a bolboreta que pintamos a derradeira semán.Agora había que facer un mosaico con papeliños de cores. Cando rematen tod@s poñerei unha foto pois son moi vistosas.(Esto o fixeron en grupos pequenos con Tatiana, por eso estan moi ben feitas).


Hoxe adicámoloa prantar (parecemos xardineiros profesionais , casi), como vos comentei (gracias polos iogures) íamos poñer unhas fabas , cada un/nha a súa, de tal xeito que cando medrasen un pouco a puidesen levar para casa (esta é unha actividade moi típica en Infantil e que fan o 90 % do profesorado). Foi unha actividade que nos levou tempo pero que lles gustou. Logo para aproveitar, pintamos unha serie de tres secuencias nas que se ve unha nena sementando, regando e cortando flores. ñán imos traballar a ordenación temporal de esa secuencia pois teñen que picar duas delas , na ficha xa vai posta a primeira. Repartin o traballo en dous días pois era moito para un día. Ademais traballaremos as secuencias no ordenador.
Como as actividades foron bastante especiais fixen moitas fotos, aquí van só algunhas , o resto vounas poñer no vindeiro comentario.