Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, abril 28, 2007

Estou contentisimo , pois a experiencia da macedonia tivo seis comentarios. Xa sei todo o traballo que vos supón face-los comentarios , xa sei que hai xente que non ten conexión a Internet e que esto da Informática é un pouco complicado, por eso valoro moitisimo o voso esforzo, pero, como vos dixen nun anterior post, trátase de que esto sexa un dialogo , o mais fluido posible . GRACIAS.
A verdade é que foi moi interesante pero todo o mérito é de Lidia pois eu non sei si me atreverei a facelo. rematamos a mañán bastante cansos e houbo algún que outro berrido pero , teño que admitir que foi unha maán diferente, especial e que disfrutaron moito
Destes dous días só comentar que, para variar, onte non tivemos prelectura. A razón é que andamos con tempo un pouco xusto para remata-lo libro de fichas - estounos habtuando o estres da vida ; ) - por eso adicámo-lo día o traballo do libro. Tampouco tivemos Psicomotricidade pois Tatiana non puido vir onte, por motivos familiares, e decidin que ese tempo o adicaramos " anosa prantación de fabas". Regaron tod@s e viron como ía a súa pratiña. Aqueles/as que xa a tiñan un chisco grande leváronna para casa. Hai varias que quizais haxa que volver a prantalas pois non prenderon. Ademais Abel tivo a mala sorte de que lle rompíu polo que non a puido levar e terá que prantala tamén. Fíxenlle unha foto a cada un/nha d@s que a levou, se queredes velas picade AQUÍ ( nos vindeiros días irei o album engadindo @s que a leven).
O Mércores faleivos dunha sorpresa , esta consistía en que por fin temos uns ratos adaptados á man d@s nen@s. Espero que esto lles facilite o manexo do ordenador. Gracias pola donación.
Remato co comentario da nota dunha nai. Nela contábame que lle atopara un piollo o/a seu/sua fill@. O Luns verei de mandarvos unha nota para que lles revisedes a cabeza, ainda que este tempo tan caluroso e húmido fomenta bastante a aparición dos bichiños.

miércoles, abril 25, 2007

Comezamo-la semán co día do libro. Nos para celebralo fixemos un marcapáxinas que ata tiña nome, chamábase Troky ( o monstro devora libros, parecido a Triki o das galletas).Tamén levamos un contiño para casa e fixemos un debuxo sobre algún dos contos que contaramos na clase ( un clásico coma "Os tres porquiños" e ademais "o rato e o león"). Eu tamén tiven unha sorpresa , que beneficia a toda a clase e da que vos falarei no vindeiro post. Só da-las gracias por min e pol@s nen@s. Ademais continuamos co libro presentando a figura do triangulo ( que xa coñecían vari@s).
O Martes comezamos cun truco de maxia pois conseguimos que metendo pintura amarela nun bote transparente e logo azul, saira verde. Tod@s que daron abraiados. Esto fixémolo logo coa cor amarela e vermella, saindo laranxa. Aproveitamos para presentar a cor verde e antes de face-la ficha probaron eles/as a facela maxia. Dinlles duas boliñas de plastilina (azul e marela) tiñan que mesturala ata acadr o verde, se o conseguían levábana para casa.(non sei si algún/nha chegou con ela).Tod@s o conseguiron. Logo do recreo xogaron , agás @s que lletocaba seguir "coa obra do Escorial", que era a bolboreta da que xa falei. Esta sendo un traballo moi lento pero o resultado paga a pena. Conto que rematemos a semán que ven.Chegamos o Mércores onde, gracias a "iniciativa" da miña compañeira Lidia , decidimos facer macedonia cos nen@s. Para eso eles/as tiñan que traer unha peza de froita ou un bote en almibar. Hoxe antes de poñernos ó "chollo" aproveitamos para falar das froitas que trouxeran e recoñecelas ó tacto. Preguntei polo nome, miramos a forma e o pel que tiñan. Logo de facer unha fichiña do libro ( algo había que currar), preparamos a clase pois ían vir de invitad@s @s compañeire@s da do "chalet" do lado. Apartamos mesas e colocamos as sillas facendo un gran roda. Tamén veu Tatiana para botar unha man.


Comezamos por separar as uvas do cangallo, logo foron troceando algunhas froitas que nos foramos pelando, Tiñamos mazá, pera, laranxa, kiwi, plátano, fresa, melocotón e piña (en almibar), ademais de zume tropical e uns fideiños de caramelo e chiuculate para darlle cor. Comezou o reparto e había algunha que outra negativa de inicio, ante esto "presionamos" unchisco e tod@s ían probando. Tan só Aarón e Jorge non querían "disfrutar" de aquela delicía. Jorge rematou metendo un bocado de melocotón que tivo na boca durante 20 minutos , xa estabamos no patio cando conseguín que o massticara e tragara. Con Aarón quedou "pelexando" Lidia, pois eu tiña que ir ó patio cos demais, Conseguíu que comera dous bocadiños. Logo da macedonia , e por si alguén quedara con fame( seguro que alguén quedou), repartimos galletas de barquiño con nata. Gustaron moito. Logo de recoller e mirar o que sobrara e o quedara nos vasos podemos dicir que a actividade foi un éxito. Houbo quen repetíu, houbo quen comiu só unha vez e houbo quen comíu só un pouco pero , dado o habituad@s que estan a comer froitas, polo xeral, estivoi moi ben.
Neste comentario van varias fotos pero se queredes ver mais picade aquí.