Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, mayo 25, 2007

Onte tiñamos video logo do recreo e aproveitamos (A profe Lidia e mais eu) para poñerlles un DVD que falaba de V. Van Gogh pois no libro de plástica hai unha ficha sobre o seu cadro "Os xirasoles". O DVD era presentado polas tres mellizas polo que lles gustou e ademais aprenderon pequenas anecdotas da súa vida como que tiña o pelo vermello, que lle gustaba moito a cor amarela, que lle cortaran unha orella e que tiña un amigo, co que se pelexou (P. Gauguin). Vista onte a "peli" hoxe fíxemola ficha pero como era untraballo un chisco compexo , fixémolo de catro en catro , logo do recreo , e mentres o resto xogaban. Ían facer dous xirasoles con papel de seda, eu dáballes dous papeis amarelos grandes, con forma estrelada, e dous laranxas mais pequenos, logo pegábano superpostos. Para da-lo efecto das pipas fixeron pequenas bolas marróns de papel de seda que logo pegaban no centro. Xa logo remataban o talo cunhas tiras verdes de cartulina. Se acado follas de algúns arbustos de cerca da miña casa , igual a semán que ven pegámosllas polo talo. Remataron doce.
Ademais da plástica hoxe tivemos unha "minimerendiña" pois no libro había que traballar os sabores doce e salgado. Para eso eu leveilles patacas fritidas, que xunto con lambetadas que quedaran de algún cumpreanos , permitíronnos probar os douas sabores. Varios tiñas claro cal era cal, pero outros diferencian os sabores pero non saben asignarlle o nome correspondente pois logo na ficha había unha tarta, unha madalena, un prato de patacas fritidas e un de xamón. Eles/as dicían que sabor tiñan.
Onte traballamos tamén o trazo do número tres e contar ata tres. Esto que parece unha cousa sinxela ,non o é tanto para algúns/nhas. De cando en vez pedídelle que vos collan cantidades de cousas por exemplo: douas culleriñas, tres botóns, un lapis, tres pezas de construcción, tres calcetíns, etc , de tal xeito que teñan que contar a cantidade e non coller por bulto ( non é o mesmo colle esas culleriñas que colle tres culleriñas , cando hai seis). En principio só ata tres , se vedes que o fan moi ben podedes ir aumentando ata cinco.
Hoxe á hora da saida esquecín darvos un papel do cole que falaba da plaga dos piollos. Parece ser que voltan outra vez , nos xa os tivemos por duas veces na clase (recoñecido por duas nais) pero agora volta a habelos. Non pensedes que sempre é por falta de hixiene nin abandono , hai condicións ambientais que favorecen a aparioción como é a humidadde e o calor. Por favor revisadelles a cabeza. Hoxe a nai de Celis comentábame que a ela dalle moi bo resultado que a nena leve o pelo recollido pois cando o leva solto sáltalle. Podedes probar (as nenas pois os nenos da clase teñen todos o pelo bastante curto).
Vou intentar poñer tódalas cancións que gravamos ultimamente, esperoq ue vaian ben pois esto das cancións ainda non o controlo ben. Vos escollede no reproductor cal queredes oir e logo dádelle play

martes, mayo 22, 2007

Pouco novidades temos destes dous días. Faltan bastantes nen@s (durante a semán 5-6 diarios) polo que hai bastante "tranquilidade" e, como comentei outras veces, se pode traballar millor. Nos dous estivemos cos pictogramas pois tiñamolos un pouco esquecidos e , ademais, quería rematar xa o Libro de Lectura. Agora van face-la portada e xa está.
Tamén rematamos a bolboreta con filtros de café e a paisaxe da Primavera (non teño aquí as fotos de como quedaron, pero mañán ou pasado , poñereinas) e agora imos adicarnos a un cadro de Velazquez.
Tiña pendente de poñervos un video de Psicomotricidade , de cando ainda estaba Belén ( un bico para ela), e aproveitando que non teño fotos e non hai moito que escribir ahí volo deixo.


Seguimos estes días traballando o centro de interés dos animais. Pouco a pouco van coñecendo cousas como que non tódolos animais teñen o mismo polo corpo( plumas, pelos, etc), que non todos comen o mismo, que non todos fan o mismo ruido, .... ademais imos aprendendo os seus nomes en galego , pois pouc@s o dicían ( aida que vari@s o oiran algunha vez). Por suposto , falamos de varios animais , pero sobre todos dos domesticos. Para seguir a ambienta-lo tema trouxemos o Martes vermes da seda. tiñaos a "profe" Laura na súa clase e emprestounolos. Quedaron abraiados cando os viron (foi gracioso pois estaban dentro dunha caixa de folios, díxenlles que dentro había animais , que cales pensaban que eran. Saioron dende leóns a cabalos , etc.) Enteráronse que comían follas e outro día voltaremos a traelos e botaremoslles de comer.
Como non nos chegara o "choio" coas bolboretas que rematamos a pasada semán , agora estamos a facer outras con filtros café.Foi unha idea orixinal da "profe" Maite, e estamos a facelas. Son moito mais doadas de facer , pois só levan estampación con moldes de espuma e lodo punteado con rotulador. Como o papel do filtro abosorbe , só fai falta facelo por un lado. Coido que as remataremos nos vindeiros días e xa vos amosarei o resultado.
Tamén traballamos o repaso dos números e levei algunha sorpresa co coñecemento ata o 3, pois pensei que caseque tod@s os coñecían (agás 1 ou 2) pero 5 ou 6 que se confundían. Seguiremos a recordalos. O Martes presentamos os pictogramas negativos , consiste no mesmo pictograma pero tachado , e hai que lelo de xeito negativo. Pouc@s o colleron á primeira, pero cun par de sesións mais collerano a maioría.
Tamén estivemos traballando a temporalización de historias ou contiños curtos. Eran tres secuencias que tiñan que ordear temporalmente, logo complementámolo cunha ficha onde tiñan que picar , e que por suposto lles custou.
Neste post vouvos poñer algún podcast (sons gravados na clase), sobre algunha canción que estamos a cantar nestes días. Como falamos de animais temos unha dun patiño e outra a famosa de "o meu burro". Da primeira fixemos tres versións , pois había moit@s voluntari@s para cantar e da segunda só unha canatada por tod@s. Recordarvos que temos os dereitos sobre estas cancións e que se queredes usalas en festas, bodas ou para o que sexa teredes que falar co noso representante ou coa SGAE ; ). Se non puidera poñelos neste comentario , poría outro só cos podcasts. Hoxe poño a do burro