Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, mayo 28, 2007

Luns estivemos rematando o libro doa animais e traballaron o concepto longo e curto. Ademais antes falamos do que comen os animais e que alimentos obtemos de eles. Estes contidos repasáronnos no ordenador cunga actividade de Clic feita nun colexio do Pais Vasco( Vitoria) , esto forma parte do beneficio de compartir.Hai cousas xa feitas por outr@s compañeir@s que non temos mais que collelas e plicalas @s nos@s alumn@s.Ás veces m podémolas modificar para adaptalas o noso entorno ou noso nível de contidos. Logo, @s que non fixeran a fucha de plástica dos xirasoles de Van Googh , fixéronna en grupos de catro. Olvidabame de comentar que dentro da charla de grupo que facemos , Ariadna comentounos que Chipi estaba embarazada.Logo de algunhas preguntas , enterámonos que Chipi é a súa cadela e que llo dixo súa nai , quen se enterarar polo seu pai. Tamén moit@s falaron de que foran á festa e algún cumpreanos. Ás veces fan comentarios curiosos ou simpáticos que como non apunto no momento , logo os esquezo e non volos poño no blog, perdoade e intentarei apuntalos ou non esquecelos
O Martes , para variar traballamos cos números.(parece coma se sempre estiveramos traballando cos mismos números , e que deberiamos cambiar ¿verdade? , pois recordade que teñen 3-4 anos é que esto que facemos agora en tres anos era o que se facía antes en catro anos -cando non se escolarizaba os de tres-) A variación foi que había que face-lo número con plastilina. Pintaron moi ben e o churro custoulles un pouco a alúns/nhas. Despois contamo-lo conto de Regaliz , que van levar esta semán , xunto coas fichas e coméntámolo. Logo do recreo , aproveitando que viña Tatiana de apoio adicámolo a plástica. Estamos facendo unha paisaxe de Primavera , con flores feitas con estampacións de bastonciños , ó redor dun gomet ( en grupos de dous ou tres). Eu mentres ía por parellas preparando unha ficha onde tiñan que pintar con pinceles de diferente grososr. Había unha flor debuxada por min en lapis , e tíñan que repasar o talo e pintar o campo da parte de abaixo. Outro día a rematarán.
Hoxe traballamos coas series e a experiencia foi moi boa pois de tódalas que fixemos , o 80 % foi ben. Primeiro na alfombra con cores , con formas e logo con eles/as de palabra ouxesto. Cada un/nha tiña que dicir ou facer o que lle tocara (por exemplo unha palmada-duas palmadas-unha palamada- duas palamadas...). Logo na ficha eran tamén series sinxelas pero nas que había que debuxar ou facer raias e tamén moi ben.
EStes días estámolos adicando , logo do recreo, á plástica e por eso hoxe estivemos facendo a paisaxe da primavera da que vos falei antes. Hoxe tiñan que primeiro pintarlle a copa da árbore (eu poñía as beiras), logo facer boliñas laranxa que imitaban a pexegos para poder pegalas na árbore. Despois cun tampón que nos empretou a "profe" Maite fixemos debuxiños pola paisaxe (flores, paxariños, bolboretas, ...) , eran coma tauaxes (por suposto cada un/nha levou un na súa man). Mañán continuaremos
Tamén nos enteramos dun moi mala nova, o noso querido Jorge foisenos do "cole", esto que de por si xa é triste ainda é pior polas circunstancias nas que se foi. Dende aquí desexámoslle moitisima sorte, esperámos que poida seguir sendo tan ledo e alegre coma era e mandámoslle un bico moi forte.(Tamén moitos ánimos para Mary - a súa "yaya" , como él dicía). Ímolo botar de menos.
Con moito agarimo para él vai esta presentación: