Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, junio 05, 2007

Comezamos o mes de Xuño e , como sabedes, temos unha hora menos de clase (para o vindeiro curso esto desaparece e xa se pode "conciliar a vida familiar", ainda que vexas menos @s teus fill@s).Esto supón que o tempo no cole pasa moi axiña e temos que apurar para rematar o que nos queda solto. O luns , ademais de comezar o derradeiro libro, rematamos de pintar , @s que faltaban, unha flor do libro de plástica ( era con pincel).Tiñan que traballar co pinceis grosos, o chan de herba,e delgados, o talo da flor. O Martes rematamos pintando os pétalos co dedo. Ademais tamén falamos algo de Velazquez (o xoves veremos un video das tres mellizas sobre él), pois hai unha ficha no libro de plástica na que imos picar o vestido dunha infanta e pegarlle tea , tendo en conta que Lidia nos deu unhas teas "preciosas" con lunares, vai quedar millor que a Pantoja.
Hoxe repasamos o 1,2 e 3 , contando, recoñecendo os números e repasando a grafía. Esto levounos caseqie ata o recreo. Neste momento hai 25 % da clase que ainda ten problemas con estes números (confunden o 2 e o 3) ou custalle contar ata 3 ( coller tres cousas ou pegar tres gomets).
Logo do recreo , bebimos e remataron unha fichiña onde tiñan que buscar tres peixiños iguais , no medio de 12 peixes
Logo de ler o comentario de Mary, a "yaya" de Jorge quixera dicir que estiven falando cun grupiño de nais da clase e que imos facer todo o posible para que Jorge volte connosco. Nos vindeiros días , imos recoller firmas para apoiar a volta do neno. Aqueles/as interesad@s que se poñan en contacto comigo.

domingo, junio 03, 2007

Non hai moito que contar pois, como sabedes, os Xoves temos Relixión e video e os Venres Psicomotricidade. Ademais faltaron bastantes nen@s. Estiveron traballando co libro de pictogramas que xa rematamos. Tamén remataron a bolboreta feita cos filtros do café e a paisaxe da Primavera.
Agora (espero) podedes ver un video de psicomotricidade , de cando estaba Belen, que me esquecera de subir.