Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, junio 14, 2007

Andamos no remate do curso e pouco vos teño que contar. Nos vindeiros días mandarase unha nota explicando como será o final de curso pero para que vos fagades unha idea comentovos que o Venres haberá unha reunión convosco ás nove e media. Sería desexable que si podedes veñades sin @s nen@s, para poder falar con mais tranquilidade. Na reunión falaremos un pouco do que aconteceu do curso e algo que como se iniciará o vindeiro. O Xoves faremo-la festa de despedida , non traeran merenda nin nada para a festa , pois como din nos bares " a casa invita". Mantereivos informado se hai novidades.
Sobre o tema de Jorge darvo-las gracias pola colaboración e polo apoio. Esperemos acadar o obsectivo de que volte e poidamos telo connosco o vindeiro curso.
En traballo caseque temos rematado o libro de fichas e o de plástica rematarémolo hoxe.

domingo, junio 10, 2007

Non hai moito que contar , só que estes días son especiais á hora do traballo na clase pois estamos intentanto pecha-los diferentes libros iniciados (Pictogramas, plástica, ...). Ademais nótase que @s nen@s están un pouco mais inquietos que o resto do curso. Tanto o Xoves coma o Venres tivemos video, ademais de Relixión e Psicomotricidade, pois íamos a facer a ficha sobre cadro de Velazquez e queríamos ver o video das Tres Mellizas que fala da súa vida, pero como tempo é escaso logo do recreo , comezamos antes , pero como tamén tiñan que merendar , para non leva-lo bocata ó patio , pois non nos deu tempo nun día. Mentres vían o video , en pequenos grupiños de tres ou catro ían facendo unha ficha de plástica sobre a Primavera.
Dicirvos que teño unha folla para recoller firmas de apoio á avoa de Jorge para recupera-la custodia do seu neto. Aqueles/as que queiran firmas que mo digan. Gracias pola colaboración