Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, septiembre 11, 2007

Ola a tod@s , antes de nada quérovos pedir perdón pois na miña presentación para este novo curso esquecin saudar , pero como máis vale tarde que nunca , ahí vai.
Xa comezou o curso escolar, pois aya o de agora só foron preparativos e unha reunión informativa cos pais/nais d@s alumn@s.
Antes de contar o que fixemos nestes primeiros día quero salientar algúns dos cambios que hai respecto do curso anterior.
    • A nosa situación física variou , xa non "vivimos no baixo da casa" , agora "vivimos no primeiro andar". Esto que parece un premio, mais ben é un "castigo" pois , loxicamente , temos que subir e baixar escaleiras, alomenos duas veces ó día. Nos primeiros días imos ter que tomalo con moita tranquilidade ,e, como en tódalas cousas, coller bos habitos (agarrarse o pasamáns, subir e baixar sen agarrar o de diante, non correr , mirar cara adiante, intentar poñer os pes alternativamente, ...). Ademais tamén nos mudou a situación do baño , xa non o temos ó lado. Agora está a 30-40 mts, ( pero por un laberíntico pasiño) e compartímolo con outras 12 aulas. Como diría un técnico, imos ter que busca-la maneira de "optimizar " este recurso.
    • Outro cambio significativo é que este ano , e por primeira vez , imos ter Inglés. A xunta vai impulsar o Inglés e para eso mandou unha profesora só para E. Infantil , por certo chámase Irene. Tamén cambiamos a "profe" de apoio , xa non temos conosco a "SuperTatiana" que ten a súa clase coma titora, agora vainos a apoiar Carmen Nemiña, que tamén nos vai a axudar moito para que o curso sexa máis levadeiro.
    • Outro cambio , tamén moi importante, é que somos uns privilexiados , pois, gracias á Fundación Amancio Ortega, a nosa aula está dotada cunha PDI (Pizarra Dixital Interactiva). Eu teño moita ilusión e espero contaxiarlla @s nen@s , pòis as posibilidades que abre a disponibilidade da PDI na aula son inmensas e durante o curso iremos vendo algunhas delas.
    • Tamén temos cambios no alumnado. Xa non están connosco Andrea, Sara e Jorge( un bico moi forte para eles) , pero a cambio temos dous nenos novos ( alómenos en lista , pois ainda non apareceron): Ricardo e Adrián. Imos intentar que entre tod@s consigamos facilitarlles a integración no grupo das ras.
Dos dous días pouco que comentar pois ademais de falar e xogar, pouco mais fixeron. Contáronme algúns viaxes así , nestes momentos , recordo que Susana foi ó Grove ( ademais de contarme tristes novas sobre o avó), Sandra foi a Bayona con moitos familiares ou amigos, e alguén me comentou que foi en avións. Moit@s foron a praia ( supoño que tod@s) mencionando as de Barrañan e Balcobo. Marco comentou que foi de camping. Houbo mais comentarios pero non os apuntei e agora non os recordo. Gracias polas cunchas , espero que nos vindeiros días comencemos a usalas.
O cambio de aula levámolo bastante ben, ainda que hai que estar moi pendente do baño xa que hai quen vai e tardar mais do debido en voltar. Cos escaleiras moi ben , millor do que pensaba.
Estrenamos a PDI ( @s que quixeron) e ainda que é moi doada de usar , fáltalle práctica que espero vaiamos collendo.
Antes de rematar comentarvos que vai a haber novidades co día de Psicomotricidade, pois de inicio ía se-lo Martes , logo do recreo , pero por mor de cambios nos horarios , vai mudar de día ( probablemente ós Venres pero xa vos avisarei) . Este Martes non fai falla que traian tenis e chandal. (Mandarei unha nota o Luns para a xente que non lea aquí)