Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, septiembre 21, 2007

Seguimos nestes días a repasar o que xa sabiamos e ver tamén se o recordan ou non. Por este motivo onte estivemos vendo a grafía do número 1 e hoxe recordando a forma circular. Como somos "moi chulos" , aproveitámonos da PDI para dacer o repaso e o mesmo tempo seguimos a facer ese "libro electrónico" tanto dos números como dos trazos. Nas fotos vedes que bastante dificultoso facer un circulo tan grande , e mais se tes a "altura" de Abel ( como lle pasa a algún mais) , pero me gustaría que virades como eles/as sós/as buscan algún tipo de solución , ben cunha silla, ( decidin poñer un banco neste caso , pois me parecía mais seguro) ben a saltos ou poñendose de puntiñas. Se algo lles gusta , buscan como facelo.
Como vos comentara o Mércores estiveramos presentando un programa, que o Xoves rematamos de presentar. Unha vez coñecido , coménzarono a usar nos ordenadores, e como vedes na foto con bastante éxito. Van por parellas e os que queren ir teñen que esperar detras. Así que pasa un tempo ( 10-15 minutos , eu mando cambio , ainda que , ás veces , eles/as se cansan e se van antes. Quen non quixera facer esto podía xogar cos xoguetes.Hoxe Venres tiñan a alternativa de xogar co xogo nos ordenadores e na PDI, tamén era por parellas , pero aquí había algún problemiña mais pois mentres no ordenador só hai un rato , na PDI pódese "picar" con varias mans ( ainda que só fai caso a unha ou a ningunha).Estivemos tamén vendo Bits , de bandeiras de paises e de material escolar. O dematerial escolar ten algúns problemas pois está en castelan , pero eso non sería problema se non fora que é un castelan "moi puro" , pois o lapis chámalle lapicero , o afía lapis chámalle sacapuntas e a goma , borrador. De tódolos xeitos así tamén aprenden sinónimos.Comentarvos que me comentaron que hai algúns problemas para atopar o libro de Inglés, sintoo , se tedes algún problema para atopalo , traede o resto do material ( pois como vos comentei quixera comezar cos libros o 3 de Outuibro) e cando o atopedes traedes o de Inglés. Sin animo de facer publicidade , hoxe unha nai díxome que en Areteixo que o había na librería que ten a nai de Martin (coido que a librería chámase Raquel) , pero supoño que no resto tamén o haberá. Este problema foi consecuencia que as librerías non souberon deste libro ata que comezou o " cole" pois non foi escollido pola mestra ata eses día , xa que foi cando se incorporou á escola (sustitue á titular).
Tamén quixera recordarlle ós que non entregalon o paleiño das alerxias , que non se esquezan , así como tampouco aquel no que había que escribir enederezos e teléfonos. Gracias pola colaboración

lunes, septiembre 17, 2007

Comezar por contar que temos un novo compañeiro no cole, chámase Ricardo e veu onte por primeira vez. Esperamos que pouquiño a pouco se vaia integrando no grupo, polo que se ve nestes primeiros días , penso que non vai a haber problema.Levamos algúns días e xa vos poido comentar que se notou o paso de verán sobre @s nen@s, a pregunta é ¿para ben ou para mal?, pois a resposta é para ben. Notoos mais maduros e soltos. A pesares dos cambios físicos que tivemos , vexo@s que collen as cousas millor e mais axiña. Esto , por outra banda é normal e lóxico , comentoo porque ainda que non o pareza están continuamente aprendendo e , ademais madurando. Non todod é pintar , escribir , recortar , ... hai moitas mais maneiras de madurar. Polo de agora traballamos pouco ( non vai a ser que se asusten , e non queiran vir ; ) ) pero no pouco que fixemos , polo xeral, tamén o fan millor ( aquí pode influir que non hai o cansazo de fin de curso).
O Martes comezamos ausar a PDI de xeito mais didáctico. Imos facer libros individuais de trazo. Cada neno ten unha serie de fichas con diferentes trazos , cada vez que traballemos un trazo determinado , @ nen@ sairá á PDI e fará a ficha do seu libro. Pensaredes que é o mesmo que nun libro de papel , pois si pero as vantaxes é que aquí traballamos a grafomotricidade grosa , antes de face-la na fina no papel. Este é un paso previo. É mais motivador , pois @ nen@ fai con trazos de colorines , millor presentado e podémolo gardar dun xeito mais ordeado.
Tamén estiveron comezando a recoñece-lo seu nome enlazado. Primeiro era buscalo no medio de todos os da clase. O 250% (aprox.) non tivo moito problema. Cando reducimos o número a só seis , xa o 75 % o atopou, o resto custoulle un chisco mais pero o fixeron. Este nome era para poñer debaixo dun autoretrato, así practicabamos a figura humana. Houbo de todo , seguen esquecendo o tronco , pero en xeral ben.
Hoxe Mércores estivemos traballando o vocabulario da clase , que cousas hai dentro e que non. Presentamos un novo programa comercial " Trampolin 2-4 anos ( nos chamámoslle " A Gardería" pois sae no inicio unha gardería, e a idade axeitada é a partires de 4 anos , pero as casa sempre esaxeran algo no tema da idade) que imos comezar a usar nos ordenadores a partires de mañán , en parellas. Xa me preguntaron polo uso dos ordenadores , pero primeiro sempre miramos en gran grupo como funciona un programa , para logo usalo con mais coñecemento.
Na PDI , ademais do dito , fixeron debuxo libre , @s que quixeron , pois como tamén había a posibilidade de coller xoguetes , non tod@s querían ( ainda que ó remate poucos quedaron sen pasar. Deixovos un debuxo feito , está bastante ben , tendo en conta que é mais dificil do que parece debuxar nela.
Quixera dicir sobre un dos comentarios, que estou de acordo totalmente no tema do baño. Sempre que lle ensino os pais/nais e lles conto os perigos que hai e con quen o comparten , a todos lles parece unha tolemia , pero logo queda no olvido. Eu coido que habería que facer algo, que calquer día pode haber un disgusto e entón imonos tirar dos pelos. Non é normal que teñan que subir escaleiras (ainda que pasa en mais colexios) pero ter que ir a un cuarto de baño de nenos de Primaria , tan separado da clase e compartilo 13 aulas , non me parece moi axeitado. Os profes , ademais de amosarvos o que hai non podemos facer nada, entón pensade un pouco o que hai e que se pode facer.