Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, septiembre 27, 2007

Rematou esta semán e con ela a avaliación previa do curso. O resultado da avaliación é positivo , en xeral , notase mais madurez n@s nen@s , desenvólvense con mais soltura no cole e na clase , hai unha maior participación ) ainda que nesto, algúns /nhas, teñen bastante que millorar bastante. Recordan moitos dos conceptos traballados no curso pasado, hai un maior dominio da man , ainda que nesto quizais sexa no que houbo menos avance, rematan os traballos mais axiña.
A semán que ven comezaremos cos libros , tamén iniciaremos o "segunto tomo" do noso particular libro de lectura, nunha semán comezaremos xa a coñecer algunha vocal e presentaremos números "novos" (non traballados o ano pasado). Aproveito para comentarvos que o Venres , dia 5 , teremos a primeira sesión da tan desexada Psicomotricidade e logo Inglés.
Desta semán destacar que cada vez traballan millor coa PDi , xa teñen mais soltura para arrastrar , para picar e para debuxar. Pero non todo é Novas tecnoloxías , tamén estivemos recortando( anaquiños de papel para facer o collage da toalla , que quedou moi chulo), tamén pegamos algunhas das cunchas que trouxeron , con esto demos por rematado o verán. Coñeceron á mascota que vai traballar conosco no libro de Fichas , chámase Xico e é un extraterrestre. Escoitamos a canción( algún/nha xa a escoitara na casa) e foron aprendendo o inicio , pòis é bastante longa ( os que quedastes co Cd das cancións podes poñerlla de cando en vez para que a escoiten). Agora comezaremos a ambienta-la clase co Outono , sería bo que si tedes ocasión lle ensinarades como son os froitos secos mais típicos ( amendoas , avelás, piñóns) , ademais das outras froitas que hai nesta época (uvas, granadas, castañas ...).
OSe queredes ver as fotos coa mascota (faltan a de Hugo e Ricardo , pois non puideron vir á escola esta semá) picade no albúm da esquerda. Por certo se queredes ver os albums do ano pasado tedes que ir a miña páxina web ( buscade na páxina de a miña aula) pois había tantos do ano pasado que, para non confundilos cos deste ano , decidin pasar para alí as ligazóns. De momento deixei os videos , cando teñamos algún deste curso , quitareinos