Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, octubre 12, 2007

Vexo que ninguén foi capaz de adiviñar quen era Inés. Pois non, non era unha moza nin unha profe, mais si un animal , unha ratiña que ten un espertar orixinal pois non fai aa, a. ah , ah, como fai maioría da xente, se non que berra iiii, iiiii. Ela vai ser quen nos ensine como faremos a letra i , como soa e que formas pode ter. Ah , por suposto, coma é unha ratiña soña con tartas de queixo.

Quixera comentarvos que na beira esquerda puxen duas ligazóns a novos blogs que xurdiron. Un é en Ribeira , chamase Tendal de Calcetíns. O outro e na Coruña , no CEIP E. Pardo Bazán ( no cole do meu barrio). Ó igual que os cogumelos van aparecendo por todo o bosque , os blogs galegos tamén se van extendendo. Benvidos.

Esta semá comezámola cunha saida extraescolar. Fomos invitados a ver unha obriña de monicreques no salón de actos do Centro Cívico. A representación fixoa un señor ruso que , por suposto, non recordo como se chama.O que si recordo é que a min pareciume preciosa. Non se trataba do típico contiño representado por monicreques senon que foi moi orixinal. Era un circo de monicreques. Neste circo había magos , comesables, equilibristas, trapecistas, e ata Pinocho (ou alguén parecido). Os vestidos foran feitos pola mesma persoa que fixo a representación, os movementos das figuras eran incribles(alomenos para min) pois parecían ter vida propia ( non había efectos dixitais nen por ordenador). Eu quitei algunhas fotos para que puiderades apreciar esa beleza , pero como non se podía usar flash , a calidade non é moi boa, dada a escasez de luz e o movemento dos fantoches. Esas fotos estan na beira esquerda no albúm correspondente. Á volta fixeron un debuxo libre do que viran. Houbo debuxos moi simpáticos como un dun camelo ( tamén saía na obra) ou algún Pinocho.
O Martes , ademais de traballar no libro, estivemos falando da vendimia. Cando decidin falarlles desto , pensei no que pensarian eles cando lles dixera que o viño se facía con uvas e que había que pisalas (alomenos antes). O outro día vin unha reportaxe na televisión onde nen@s de Primaria dun cole ( coido que da Rioxa , pero non estou seguro) ían a recoller uvas , logo levábanas ata o lagar e alí pisábanas , logo de pasalas por unha prensa recollían o viño ( zume de uva ou mosto) nunha botella. Vían todo o proceso maravillosamente. Acordeime dos meus alumn@s , como me gustarían que puideran facer aquela experiencia , (ou polo menos dispor da reportaxe para ensinarllo) pois supoño que na súa cabeza esto , coma outras cousas relacionadas coa natureza , son algo estrano e caseque máxico. O caso é que falamos do proceso e fichemos unha ficha de secuencialización onde tiñan que rematala historia con dous debuxos ( pisa-las uvas e logo unha tenda vendendo o viño). Fixérono ben , pero quedo coa dúbida de si realmente se enteiraron de como era o proceso.





No Mércores adicamonos a seguir traballando co i e con palabras que comezan por i. Hoxe traballamos con igrexa. Ademais repasamos a canción do i que di así:
Eu son o i
do kikiriki,
e levo un puntiño
enriba do nariz.






Se queredes escoitala cantada por un grupiño de nen@s da clase probade aquí debaixo





Tamén estivemos mirando na PDI unha nova aplicación que imos comezar a usar. É para tres anos pero servenos para repasar conceptos que traballamos o curso pasado , e que seguiremos a traballar neste

miércoles, octubre 10, 2007

Deixo o comentario que , habitualmente , fago os Mércores para mañá pois así xa vai o de toda a semá. Aproveito para poñer un video de Youtube que unha compañeira me envíou onte. Nel un xuiz de menores da unha charla sobre as obrigacións e dereitos dos fillos. Xa sei que os vosos son ainda pequenos ,( os que están comigo) pero penso que é unha moi boa reflexión do que acontece nestes momentos.




Quixera aproveitar para contestarlle ó comentario dos pais de Abel. Dicirlles que espero que non sexa nada importante e que Abel millore axiña para estar connosco a semá que ven