Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, octubre 26, 2007

Hoxe estiveron moi pouquiños, tan só 14 ata o recreo , e logo con Paula 15. Por este motivo fixemos traballo moi lixeiro, trazo da letra i. Antes de eso estivemos traballando coa letra na PDI (o mesmo que outras veces). Despois fixeron puzzles e plastilina , ademais de pasar polo ordenador a traballar coa letra i , pero nunha actividade de Clic que adaptei ó galego . Como estivemos moi sobrados de tempo acabamos falando do curso pasado e acordamonos de Jorge. Hai quen preguntaba onde estaba, outr@s que cando ía voltar. Tod@s , en xeral, tiñamos moitas ganas de velo correteando polos pasillos ( "o que houbera disfrutado él indo só o cuarto de baño e paseando o seu aire polo cole") . Como témola esperanza de volver a velo e que nos le a, dende aquí mandámoslle un bico e un saudo moi grande.
Por suposto que tamén houbo un recordo para Andrea e Sara , pero dadas as diferentes circunstancias en que se foron preferin facer fincapé en Jorge, pero tamén un bico para elas duas

jueves, octubre 25, 2007

Este é o video da vendima que vos comentei.Non é o mesmo velo aquí que na PDi , pero so para que vos fagades unha idea. Teño en mente que , de cando en vez, faga unha cousa parecida cos bits , así poderedes ver algúns dos que estamos a traballar neses intres. Por exemplo agora, ademais dos que vos comentei noutro post, estamos vendo peixes e algunhas aves mais.
Por certo esquecin comentar antes que , como podedees ver no blog da compañeira Ana (Globolandia) , van facer paneis de formas e cores. Comezan pola cor amarela e ofrecéronnos colaborar neses paneis , polo que se tedes calquer cousa amarela ( que se poida pegar no mural) la mandedes pol@ nen@. Gracias
video

martes, octubre 23, 2007

O Luns tivemos novidades (ainda que na clase @s nen@s non se enteraron ata o Mércores) pois José trouxonos unha mostra da primeira colleita de fabas que prantaramos o ano pasado. Na foto podedes ver que non son exemplares de Guinnnes pero que non teñen nada que envexar a algunhas que hai nas tendas. É a primeira vez, dende que dou clase , que vexo os resultados do "traballo" feito na clase desta xeito . ! Noraboa a José e ós seus pais ¡.
Tamén quero comentar outra colaboración vosa. Os pais de Paula , logo do comentario sobre a vendima feito fai pouco , tiveron o detalle de traernos unha chea de fotografias da vendima na casa dos avós de Paula. Paula tivo a sorte de poder facer viño pisando as uvas e así ve-lo proceso da elaboración. Coas fotos na clase tamén o podemos ver perfectamente e , ainda que non é mesmo ver que participar , esas fotos son dunha gran axuda ( ata o extremo de que imos invitar ó resto das clases de catro anos para que poidan velas. E para que vos tamén o poidades apreciar deixovos ó final do comentario unha presentación , en forma de video , das fotos.
Antes de falanr xa do traballo na clase querovos comentar que o Venres estivemos facendo o primeiro dos troquelados que trae o libro. Era sobre o que antigamente se chamaban "mariquitas". Consistía nunha figura humán de cartolina , xunto coa roupa que se pode colgar polos pliegues. Gústalles bastante , pero amin non me convencen moito , pois é bastante chollopara o titor (separar vintetantos troquelados coas súas roupas correspondentes , sen que rompan) , para acadar un obsectivo que o podes acadar doutra maneira.
Comezamos a semán polo noso libro de pictogramas . As frases xa son compostas con duas acción e eso custa un chisco mais de ler. Falta tres pictogramas en duas frases que a maioría soubo colocar axeitadamente..
Despois traballamos o concepto moitos-poucos. Primeiro nún programa , logo na alfombra e , para rematar , facendo boliñas de papel de seda que ián "convertir" en ourizos para que un castiñeiro tivese moitos e outro poucos.
O Martes veu , a primeira hora , Carmen Nemiña pola nosa clase para axudarnos . Por esta razón adicámola hora a plástica ( pero a do libro) onde tiñamos que decorar tres papaventos. Fixéronnno con ceras brandas , que manchan bastante ,pero coas que é moi doado pintar (usabámolas en tres anos por ter menos forza na man).
Despois do recreo veu a verdadeira Plástica pois iniciámonos no uso da pasta de modelar. A idea era facer un caracol ( bastante grande). Era algo moi sinxelo e que tod@s podían facer, pero non foi así. Resulta que para poder atendel@s millor a planificación era a seguinte: poñer un video na PDi para que o viran a metade, mentres eu coa outra metade ía traballando o caracol. Saíu ben co primeiro grupo , pero no segundo alguén se adicou a seguir mirando a peli, polo que non fixo o traballiño. Tan só tiña que facer un "churro" coa pasta e logo unha bola á que lle ía poñer ollos naris e boca ( mais os cornos con escarbadentes). Era cuestión de querer facelo.
De hoxe contarvos que traballamos o trazo e a discriminación visual do i. Ainda que non parece moito , si o foi , pois , como sabedes o trazo teñenno que facer primeiro con lapis e logo repasa-lo con rotulador. Esto xuntado coa parte correspondiente de pintar deulles para bastante. Tamén houbo tempo de xogar , ainda que non tod@s pois había quen tiña algún traballo atrasado que non rematara . Aproveitamos e tan só quedaron un par de fichiñas de pictogramas ( a dous nen@s).
Teño problemas para poñe-lo video das fotos da vendima , vou seguilo intentando pero para non facervos esperar mais , subo de momento esto . En canto poida poñovos o video e as fotos de Hugo e Ricardo con Xico que quedaban por facer e poñelas no album