Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, noviembre 02, 2007

Teñoa boas novas que contarvos pois, como vos adiantara noutros comentarios , xa somos unha voz mais no mundo dos blogs educativos. Xa podemos coñecer o que fan na clase dos polbos. Non será preciso que vexades os programas do corazón na televisión para saber o que acontece nesa clase :o ) . A partires de agora se picades na ligazón que esta na parte dereita "clase dos pulpis" podedes velo. Como se pode ler nel vedes que hai moitas maneiras de traballar no cole , todas son válidas. Eu teño unha cousa moi clara , @s nen@s son esponxas que absorben todo "o liquido" que se lles acerca , é tarefa nosa , xunto cos pais/nais, facer que que ess liquido sexa o mais nutritivo ou que @ nen@ aprenda a escoller entre tódolos liquidos que hai no mundo , cal absorber.

Cada vez temos mais información , e mais posibilidades de informarnos . Agora o que hai que saber é escoller , filtrar cal é a información que necesito.

martes, octubre 30, 2007

Pois como di a nai de Carmen , si , efectivamente visitáronnos os viciños ( ademais duas veces) para poder admirar as fotos da vendima que nos trouxo Paula . A verdade é que era unha mágoa que só as visemos nos. Faltan os da clase do barco que non puideron vir pero que virán proximamente , os demais viñeron todos. Eramos bastantes na clase pero como só eran 10 minutos non houbo problema , e se portaron estupendamente. Unha das moitisimas vantaxes da PDI é a posibilidade de ver calquer tipo de imaxe cun tamaño axeitado para moit@s nen@s xunt@s.
Esta semán tivemos outra nova colaboración "familiar" ( cousa que é de agradecer) pois Ariadana trouxonos tres exemplares de cogumelos. Mirámolos con calma e , como xa somos moi listos e coñecemos ata dez tipos de cogumelos, comparámolos cos coñecidos para ver si lle sabiamos o nome. A deducción foi que non era ningún , pero que se asemellaban a un chamado Matamoscas ou á Oronja Verde. Tocáronos , ulíronnos e logo pasámosllos ó resto das clases de catro anos para que eles tamén puidesen aproveitar esta ocasión. Da clase de Ana tamén nos víu un cestiño con froitos secos que xa coñeciamos ( polo menos algúns/nhas, pois ainda hai quen lle chama castañas ás noces) pero que servíu para enfatizar o nome (sucede que tamén hai quen sabe o nome en castelan e non en galego).Ademais traballamos " a nosa ración semanal" do número dous e da letra i. Todo esto mesturado ( en diferentes días) cos pictogramas e varias fichas do libro de Xico.
Colaboramos con outras clases nun mural sobre froitas do Outono. Ademais de falar delas, "pintámolas" de diferentes xeitos plásticos: Coas ceras brandas (e logo cola branca por enriba para darlle brillo), ou estirando plastilina e facendo boliñas ( neste caso eran para simular unha granada). Foi todo bastante laborioso como vedes nas fotos . O resultado final do mural non o podedes ver ata dentro duns días pois agora hai que recorta-las froitas ( eso fareino eu pois son siluetas complexas) e pegalas. Xa vos porei a foto final.
Rematamo-la mini semán e con ela o primeiro libro de Xico que levaron encant@s para casa. Ademais tamén se levaron o conto, unhas recomendacións e o boneco con roupa do que vos falei nun comentario anterior. levaronno na carpeta. Esta hai de devolvela os vindeiros días pois é a que temos todo o trimestre para leva-los traballos para casa.
A semán que ven contamos face-lo Magosto , sería o Venres día 9. Xa vos manadrei unha nota confirmandoo e co que teñen que traer @s nen@s.