Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, noviembre 05, 2007

Hai unha frase popular que di que " Ás veces xuntase a fame coas ganas de comer". Ben pois iso estame a pasar a min , pois ando moi escaso de tempo pero por riba xurdironme asuntos familiares e non puiden actualizar o blog como quixera. Tiña gardado
Antes de nada pedir perdón polo retraso pero nos derradeiros días o tempo libre é un ben escaso para min. Como xa tiña gardado un borrador do feito ata o Mércores , vou deixar esa parte como estaba elogo engado o do Xoves e Venres.Logo de catro días lacazeneando , tocaba a volver ó traballo e que millor para comezar que unha asamblea onde contar o que fixeron. Enterámonos que Susana fora a Asturias , a casa da avoa que esta moi maliña. Victor foi o campo de futbol co pai. Nico tamén estivo na casa dos avos pero en Arteixo. Outros víronse no parque coma Carmen e Ariadana. Por certo esta deradeira comentounos que fora a Pontedeume e a Ferrol e que montara no seu cabalo ( que é millor dito é unha egoa chamada Luna). Tamén alguén mencionou que tiña unha cadeliña chamada Luna. Falando dos cans houbo quen dixo que o seu tiña roupa sucia e zapatos para vestir ( coido que foi Celia) , Paula respostou que o dela tiña un chaleque.
Pasamos logo ave-los bits , onde descubrimos os planetas , era a primeira vez que os oiran e o único que lles quedou foi o da terra. Ademais aproveitamos para ver un globo terraqueo que varios dixeron que tamén tiñan na casa.
Comezamos un libro novo no que imos traballar a casa e os que nela viven. Hoxe estivemos vendo diferentes tipos de casas e os cuartos que hai nela. Como esto imos falalo mais veces , sería bo que soubesen se viven nunha casa de campo , nun edificio ( e en que andar -"piso"-), cantas habitacións ten a súa casa e quen vive nela. Se por casualidade tedes fotos de revistas ou xornais nos que se vexa un tipos de casas diferentes,( iglús, tipis , castelos, pazos, rañaceos, cabañas, chozas, jaimas, ...) e se poidan recortar, por favor, mandadeas.
Ó igual que fixeron os pais de Paula, os de José ou os de Ariadna , se tedes algo que vos pareza interesante para a clase non o dubidedes , mandadeo. Se é sobre o tema que estamos a traballar ( casa ou Outono ) millor , se non é tampouco pasa nada.
De parte de Irene gracias polo comentario. Como dixen @s nen@s son esponxas que absorben o que se lles arrima , ainda que sexa inglés ou chino. Teñen moita capoacidade de aprender e , en xeral , moito interese en aprender. Os problemas veñen cando hai que poñer eso no papel en forma de fichas, ben sexa coloreando , escribindo, picando , punteando, etc. . Estas actividades son necesarias para millorar a coordenación oculo-manual, ademais de para manter unha presión e unha prensión correcta dos útiles de traballo pero son rutinarias, cansinas e aburridas.
Este Martes si puido vir Carmen Nemiña , a profe de apoio, pois o derradeiro Martes tivo que ir sustituir a outra clase. Aproveitamos e remataron de pintar os caracois @s que faltaban. Como xa os levaron para casa xa podedes ver os resultados da nosa primeira "obra alfareira". Contamos ir pouco a pou aumentandoa. Probablemente houbo algún caracol que tivo algún accidente e non chegou eneteiro a casa , é normal , (sobre todo para os que van á gardería ou no autobus). Nese caso podédelo pegar con cola branca ou mandádesmoque eu me encargo.
Traballamos o recoñecemento do circulo , ademais do trazo. Decateime de que había alguén que ainda non o coñece , teremos que insistir algo mais , ainda que mais ben individualmente.
Logo de subir do patio estivemos facendo a Dona Castaña. Como vos contei , o Venres celebrámolo Magosto e por mor desto imos facer un pin ( "antes de vir os americanos chamábase unha insignia") coa cariña dunha castaña en plastilina. Hainas moi bonitas e moi ben feitas , outras non son tanto a inquietude da persoa provocou a mestura das diversas cores de plastilina que usamos. Podedes ver o resultado final na foto.
Hoxe estreamos unha nova aplicación (programa) chamado "La magia de las letras". Como supoñedes era buscar outra maneira de traballar coa letra i. É un programa moi visual e que lles gustou moito, pois tiña uns puzzles moi sinxelos que estiveron facendo. Ademais desto coñecemos mais palabras que comezan por i e que nunca oiran como: imperdible, impermeable, imán,iguana. A partires destas palabras houbo xogos de recoñecemento visual que, ainda sendo un chisco dificiles, fixeron entre tod@s. Quedanos unha ou duas sesións para traballar coa letra i pero eu penso que xa a recoñecen visualmente, o trazo fanno bastante ben ( cando é por enriba de puntos) e a discriminación auditiva tamén é boa ( sobre todo se é no inicio de palabra).
O Xoves non tivo nada especial , remataron a Dona Castaña os que faltaban , e fixemos un par de fichas do libro , onde estivemos traballando os coceptos longo-curto. Ademais tamén houbo Relixión.
O Venres era o dia da festa , da festa do Magosto. A min tocoume intentar que as castañas estivesen o millor asadas posibles. Xa é o terceiro ano que o fago e , a verdade, e que ainda non lle collín o punto , pero tendo en conta que pasa un ano entre unha e outra vez , tamén é doado esquecerse. Eles/as estiveron con Carmen Nemiña e o pasaron bastante ben segundo me contaron. Á hora do recreo baixaron e xa estaban as castañas ( algunhas un pouco cruas , pois como as boas comidas precisan tempo). Algúns mancharonse un chisco pero coido que son consecuencias da festa. Póñonvos un video coas fotos que fixen , non hai moitas pois ó ter que estar na "cociña" non podía sair dela e tampouco puiden facer moitas. Tiña un video pequecho pero non se ve ( espero amañalo). Se queredes ve-las fotos con mais calma picade na ligazón da esquerda Festa do Magosto.
video