Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, diciembre 06, 2007

Entramos na, que quizais sexa, a época mais toleante do curso. O Nadal , xunto co Antroido, son os días mais motivadores para o alumnado. Hai unha aire de festa no colexio , as conversas ó redor das festas, a decoración , a carta ós Reis , etc.... Todo esto é moi positivo, pois sempre se traballa millor cun alumn@ motivad@ e participativo pero tamén provoca unha alteración do ritmo do curso e un exceso de intensidade no traballo.
Nos , por suposto, comezamos xa a adorna-la nosa clase ( non íamos ser menos que O Corte Inglés, Carrefour ou Alcampo) e puxemo-lo Belén ( da nosa clase). Tamén íamos poñe-la árbore pero , cousas da mudanza , non sei onde a teño gardada ( si apareceron os adornos) polo que quedou pendente. Tamén estivemos facendo traballos plástico neste enderezo. En colaboración co resto das clases estivemos facendo o fondo para o Belen do nivel.
Deixando a un lado o Nadal adicámonos a facer maxia ( non é primeira vez) pois acadamos que xuntándose a plastilina vermella e a amarela , saise laranxa. ( a outra vez fixeramos verde con azul e amarelo). Foi traballoso o truco pois houbo que "amasar e amasar" na plastilina, pero ó final viuse o resultado. Logo con esa cor "pintamos" un froiteiro cheo de laranxas estirándoa (mais traballo para as súas mans).
Voltamos tamén a traballar coa pasta de modelar, cousa que non fixeramos dende o caracol. Agora foi algo moi sinxelo pois imos facer tres adornos para a árbore da casa ou para onde sexa. Só tiñan que escoller os moldes que lles gustaban e marcar na pasta. Fixémolo por parellas mentres vían unha peli. A vindeira semán ímolos pintar con pintura con purpurina. Xa verédelos resultados.
Tivemos o Martes unha vista , viñeron a vernos da clase dos globos , e tivemos a sorte de ver un verdadeiro desfile de modelos. Non estaba Kate Moss nin Mark Van der Loo , pero tampouco facían falla pois @s modelos que miramos eran moito mais guap@s e orixinais. Traian uns gorros feitos na casa que eran maravillosos , haía verdadeiras obras de artesanía e lucían moi , pero que moi bonitos. Démoslle un aplauso moi grande , e as gracias.
Sobre a nosa nova mascota, dicirvos que se esta a facer famosa no cole , e cada día que pasa estamos mais contentos con ela. É moi boiña , coma todos os da clase, e ata pasou unha mañán solta na clase. Estaba dentro dunha caixa aberta por enriba. Cando remataba alguén o seu traballo ía ata alí a facerlle un par de agarimos. Pouco a pouco vaise acostumando o nivel de ruido da clase ( o que ten bastante merito , pois non somo un botellón pero berramos bastante , ás veces). Como podedes ver no video case TOD@S se fixeron a súa foto con Piolín , e non houbo ningún problema. Había quen tiña algún reparo pero vendo a realidade rematouna facendo moi content@. So falta Mateo que esperamos a faga axiña.