Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, diciembre 12, 2007

A semán pasada preguntáronme se seriamos capaces de facer unha tarxeta de felicitación do Nadal. Algo feito pol@s nen@s. Parecíume unha moi boa idea pois vistas as posibilidades da PDI e o ben que se desenvolvían con ela , se podían facer cousas moi bonitas. O problema era o tempo , pois había que tela feita para o Venres (ese día eu so teño ata o recreo con eles , pois logo teñen Ingles e Psicomotricidade). Adícamonos nas primeiras horas a facela , buscando sempre que colaborasen tod@s ( @s que estaban ese día) de algunha maneira, xa fora facendo unha raia, un punto ou unha cara. Dada a premura do tempo non comentamos a idea de como ía ser, esta partíu de min. O ideal sería que saira da clase pero esto tería que facerse con calma e non se podía. O que íamos a intentar facer era unha árbore con dous nen@s de diferente raza ós lados e ,logo mensaxes de paz en diferentes idiomas. Fixen fotos do proceso , pero non todas as que quería pois non sempre podía. De tódolos xeitos podedes ver mais ou menos a elaboración. O mais complexo foi debuxa-la árbore, as figuras e colorealas, pois os adornos eran sinxelos puntos grosos de cores diferentes. O resultado final verédelo dentro dalgúns días pois primeiro quería que o visen na Fundación Amancio Ortega ( foi que nolo pedíu).Esta semán seguimos con ese ritmo acelerado que vos comentaba no anterior post. O traballo dos libros , xunto coa ambientación da aula e a plástica fan de apenas poidamos repousar ou xogar. O Luns estiveron pintando o que fixeran coa pasta de modelar, só puideron facelo seis nen@s , esperemos seguirnestes días. Temos en mente intentar facer algo mais coa pasta pero non sei se poderemos.
O Martes tivemos excursión, non é este o millor momento para sair ( pola climatoloxía e a escasez de tempo de clase) pero a saida era moi cautivadora. Íamos a ir a fabrica de patacas fritidas de "Bonilla a la vista". Eu fixen esta visita moitas veces con outros grupos e recoméndolla ós outros colexios que a fagan , se poden. Vese moi ben todo o proceso dende que chega a pataca crua , ata que sae nas bolsas. Explícanllo moi ben e ademais , ó final, poden probar a calidade do producto , que é boisima. Por enriba a nos quedanos a 5oo mts. do cole , ainda que fomos en Bus pois é un pouco perigosos ir andando polas obras que hai nas beiraruas. Póñovos algunhas fotos do inicia da viaxe e do final. Do interior teño un video que montarei en canto poida.
Tamén comentarvos que Martín trouxo un poster despregable do corpo humán. Fai algún tempo que nos bits levamos falado de diferentes partes do corpo , que non son habituais nestas idades , pero que a eles lles quedaron moi ben ( larinxe, cerebro, corazón, intestino groso, etc). Por este motivo Martín quixo colaborar co seu poster. Estivemos falando das partes que xa coñeciamos e , miramos algunhas outras mais referidas os osos do corpo ( pois a imaxe e mais dun esquelete). Gracias de novo pola colaboración. Son moi importantes este tipo de axudas pois @ nen@ ven todo contento e @s demais están mais interesad@s se o trouxo alguén da clase.

lunes, diciembre 10, 2007

O otro día faloume a nai de Celia de que a nena ía a Actividades de Pandeireta e que quería amosarnos o ben que a tocaba e cantaba. Quedamos que en canto puidera a traía, e así foi.
Celia deleitounos coa súa canción pero , loxicamente, tiñamos mais cantantes/as que querían unha oportunidade no mundo da canción e non íamos deixal@s coas ganas. Aproveitamos e gravamos a tod@s.De ahí saíu este video que esperamos vos guste.