Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, diciembre 19, 2007

Hoxe non vou poñer apenas texto , pois non teño moito tempo , pero si vos vou deixar imaxes.
Queda unha da tarxeta que nos encargou a Fundación Amancio Ortega para as felicitacións de Nadal .

Tamén vos deixo outra da felicitación que fixen coas fotos d@s alumn@s e que podedes ver na porta de entrada. Se a queredes descargar para imprimir ( ou levar a algunha imprenta) tedes que ir directamente a páxina web onde está a foto en grande (picade aqui). Logo, alí, picade debaixo dela para descargala.


E xa para o final déixovos o video da vista a Bonilla. Na vindeira semán poñerei outro video coa visita do Carteiro Real, así como unha presentación de fotos da festa do derradeiro día e da elaboración da tarta que fixemos.